Rematou a segunda rolda da Ojete’s Cup en Escocia e xa temos semifinais para o título. As temperaturas foron baixas, coma corresponde á sua situación. Rexistráronse 12º C. no mediodía e xa na tardiña acadóuse a mínima en 8ºC. Choveu miúdo e por tramos, para meter 4 litros no pluviómetro. Os refachos foron de gama media, quedando finalmente nos 33 km/h. Tivemos que acudir á páxina web da propia estación para poder recabar os datos, dado que a rede de estacións véuse abaixo dende primeira hora da xornada.
O enfrontamento entre Nanuq e Sarabia decidíuse pola cantidade de chuvia. Nanuq pasa de fase con 4 puntos de vantaxe sobre Sarabia. Tiñan 5 pts. de diferenza na pluviosidade.
Xowi e Víbora empataron a puntos na auga e todo se decidiu na temperatura e no refacho de vento. O final, 3 puntos a favor de Xowi, que accede os postos de honra.
Oscar e Julio viviron unha xornada moi apertada que se decidiu en pequenos detalles. Un punto de diferencia clasifica a Julio para semifinais.
O derradeiro posto en semifinais foi para Lukas, que cunha mellor aposta en temperatura e chuvia doblegou a Jose Lopez, que loitará polo 5º posto.
Na cara occidental do cadro, Zalamera obtivo mellores resultados en tódolos campos e xogará polos postos altos do lado dos derrotados na primeira xornada, deixando a Michi a loita por evitar a vergoña.
Ocandepavlov arrasou na temperatura a Kaltxon, pero o refacho de vento arrimou a vitoria para este último. Verase cara a cara con Zalamera.
Aki arriscou na auga e Botikas non deixou escapar a vitoria con mellores datos nos tres parámetros requeridos. Buscará gañar a final B.
O rival de Botikas será Beocha, que derrotou ó vixente campión da Ojete’s Cup por unha marxe mínima que acadou no refacho de vento.
Se queres adentrarte no acontecido na segunda xornada da Ojete’s Cup en Escocia, pica no botón de enlace embaixo este texto.
A xornada da OjeteQuake resultou nunha loita pechada entre o acontecido en Haití e os múltiples sismos nas Illas Sandwich. Finalmente unha réplica sismo de 7,2 de Haiti levou o maior terremoto da xornada, con 5,8 Mg.
A vitoria levóuna Rasta76 cun sismo apostado no norte de Perú, que lle deixa 472 puntos que o elevan ata a terceira praza da xeral sísmica, supoñendo unha ameaza tanto ós dous líderes senlleiros coma os persecutores, case sempre @s mesm@s.
Para acadar tódolos datos da 19ª etapa da OjeteQuake 2021, preme no enlace abaixo exposto.
En breve estará dispoñible o Cadro do Torneo, ainda que podes ver os seguintes enfrontamentos na táboa de clasificación.
E permanecede atentos, as estacións meteorolóxicas da WOW Met Office non traballan coma deberían. Se o problema é global non poderemos facer moito. Se o problema se focaliza na estación en curso para esta semana, é probable que a troquemos por unha máis fiable. Permanece vixiante…