Heroina de Outono

Rematou o outono da XI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete e xa temos a quen felicitar pola fazaña intermedia. Magor fíxose co título desta primeira metade de competición, asombrando e asoballando a propios e estranos coa súa pericia preditiva. Ainda que a súa vantaxe vai diminuindo pouco a pouco, ninguén lle pode quitar a muiñeira. Volveu estar entre @s mellores nesta derradeira etapa de Ventosa, ainda que o seu principal opoñente e deus máximo do Olimpo meteorolóxico amateur, Botikas, levou a vitoria nun final de infarto con varios parámetros trocando valores ata o final do día.

A temperatura máxima acadou un valor na sobremesa de 8º C. Polo que atingue á minima, baixou ata os 4º C. na derradeira hora. A chuvia tamén agardou ata o límite para unha marca de 3 litros. O refacho máximo subiu na tardiña ata os 34 km/h. definitivos.

Como xa dixemos, Botikas sinalou a puntuación máxima con 58 puntos. Faltóulle un grado na máxima e 5 km/h. no refacho para facer o pleno. Segue na segunda praza asediando sen pausa á lideresa Magor, que segue a defender a posición co machado entre os dentes. Segunda vitoria neste curso que no caso de empate o favorecería exitosamente. Nada o que non nos teña acostumados. Kaltxon acompáñao na posición de honra con idéntica sorte na predición. Colle a 8ª posición compartida con Mina e semella que quere ascender onde tempos mellores. Atentos ó seu inverno.

57 puntos para Breogán77 que semella asentarse definitivamente no Top-20 buscando unha regularidade que non atopa. O inverno pode ser clave. Mesma puntuación para Popolo, 3º clasificado que está realizando unha das mellores tempadas que se lle recorda. Colle folgos con Julio e somentes mira cara enriba, onde durmen os deuses. Lume revive e volve achegarse ó Top-10 despois da debacle en O Xipro. Máis agardamos dela, sobre todo vitorias de etapa.

E con 56 puntos, a lideresa Magor, que continúa na súa defensa da posición de liderazgo e que se alza co título (sen coroa) de outono. Ainda que Botikas presiona, sempre aparece no resumo das mellores posicións. Idéntico resultado para un tren instalado no Top-10. Beocha, Landrán e Mina están na 6ª, 7ª e 8ª posición respectivamente e van achegándose a modiño ó Top-5. 7 miserentos puntos separan o 4º posto de Julio do 10º de Rasdgar, unha zona moi quente con grandes competidores e mínimas diferenzas que poden trocar de orde en calquera momento. O Top-10 anda na llama!!

Estas foron as 9 mellores puntuacións, sete delas entre o Top-10. Para acadar toda a información recollida na 13ª cita, en Ventosa, pica no enlace que aportamos baixo este texto

Sorte e clima!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *