Benvidos a tod@s os que apostáchedes nesta nova competición de eltiempoentuojete. O arquipélago de Okinawa recíbenos cos brazos abertos na súa primeira etapa en Ibaruma. Desconfiade das previsións, aquí cando chove non da tregua e cando non, é un secarral. Antes de expoñer os datos (desculpas polo retraso), imos dar algunhas explicacións sobre cómo ler os datos da Xornada ao vivo.
Ainda que o enlace programóuse en inglés, a web de JMA recíbenos en xaponés. Pódese traducir diretamente co traductor de Google, o que da o aceso á táboa de temperaturas e vento, e tedes que dirixirvos a “Graph” para coñecer a cantidade de chuvia recollida (aconsello o intervalo de 1 hora). Dicir tamén que non traballa a gráfica en tódolos dispositivos, polo que imos dar un itinerario para poder velo nun PC, que adoita ir mellor.
O ingresar polo enlace na web de JMA, en xaponés, seguide estes pasos:
1- Picade no logo da axencia, na parte superior esquerda da pantalla.
2- Pica en “ENGLISH” no centro superior.
3- Pica no círculo que pon “Weather” no menú central da páxina.
4- Fai scroll ata a táboa “Observation table“. Pica baixo a táboa, á dereita en “Extra detail“.
5- Aparece un mapa cun botón onde pon “Table“.
6- No menú superior pica en “Select prefecture” e marca, para esta etapa, “Yaeyama” na prefectura de Okinawa.
7- Na táboa seguinte escolle a etapa desta semana, nesta ocasión, “Ibaruma“. Eiquí móstranse os datos de temperatura e vento. Para acadar os de chuvia, pica en “Graph” e escolle “Precipitation (10 min. ou 1 hour)” e suma os datos que se amosan. Os datos dezminutais adotan ser tamén máis precisos.
Os datos de precipitación son inamovibles, pero os de temperatura e refacho son medias horarias, polo que poden ser susceptibles de troco no final do día, onde se ofrece unha táboa diarias cos resultados finais destes 2 parámetros. Por conseguinte, a temperatura máxima pode ser superior e a mínima, inferior. Do mesmo xeito, o refacho será un número definitivo superior ó amosado na media.
Agardamos que non te sexa demasiado compricado a lectura dos resultados, que se actualizan cada hora.
As apostas en temperatura máxima están moi pechadas, indo dende os 25 ata os 28º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 20 e os 24º C., estas tamén con diferenzas mínimas. A precipitación é un parámetro con moita marxe, con valores apostados entre os 0 e os 17 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 13 ata os 63 km/h., sendo un parámetro moito máis aberto.
Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 20:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 20:30 da tarde do sábado, o levar JMA 6 horas (aprox.) de adianto no aporte de datos con respecto ó noso horario.
As apostas:



