Etapa inaugural en Ibaruma, na prefectura de Okinawa, en Ibaruma e a primeira toma de contacto foi húmida, ainda que somentes durou 30 minutos. Semella que as treboadas nesta zona case tropical descargan rápido e sen avisar. As temperaturas tiveron unha amplitude térmica que non agardábamos, 6º de diferenza entre máxima e mínima, mentras o vento foi miúdo, ainda que maior do que adoita soprar nestas latitudes.
A temperatura mínima acadóuse no final do día con 21º C., xa preto das 24:00 horas A máxima subiría ata os 27º, xa pasado o vermú. A presenza da chuvia era de probabilidade impredecible e quedou nos 9 litros, caidos todos eles nun intervalo de tempo de 30 minutos. O vento marcou un refacho máximo de 31 km/h., na media do que apostaba a maioría da xeral.
A partir destes datos obtivemos unha gañadora en soidade con 57 puntos. Beocha perdeu un punto no refacho, dous na temperatura mínima e mallou a máxima e, o que foi definitivo, a cantidade de chuvia. Convértese na primeira lideresa da competición e coidado, trae a carrerilla do 2º posto na Inverneira. Para botarse a tremer!!
Outro competidor mallou a cantidade de chuvia e ese foi Breogán77, que acadou o 2º posto tanto na etapa coma na xeral con 56 puntos. Un punto menos nas temperaturas relegóuno a unha segunda praza que o sitúa no podio da competición e lle augura posibilidades reais de gañar unha competición importante.
Verducido fixo a 3ª mellor marca do día, 55 puntos e praza de podio. Os dous puntos de diferenza en chuvia foron imposibles de recuperar, pero está en disposición de acceder a mellores cotas, manténdose a 2 puntos do liderato e a 1 do 2º posto.
52 puntos para Magor, que semella que agardaba chuvia para demostrar a súa valía. Pode ser que neste ambiente ta húmido por momentos poda desenvolver a calidade para a predicción hídrica e, se axusta o resto de parámetros, volver gañar un título.
5ª mellor marca en Ibaruma para Compoñente Sur. Desta vez debe mostrarse equilibrado e estable para poder acadar un resultado como o que o convertiron no pasado nunha estrela nacente que se convertiu en fugaz. Esta é a túa oportunidade!!
Rematando os resultados que superaron os 50 puntos está Landrán, de seguro que con ganas de revancha, Botikas, que volve ter a Beocha coma máxima contrincante e Bar Pequeno, que acude á súa cita coas competicións de vran para marcar diferenzas baixo o sol do oriente.
Por outra banda, semella curioso atopar nos 2 derradeiros postos a dous dos máximos expoñentes dos derradeiros anos, Kaltxon e Julio. Haberá que dilucidar se están de vacacións ou se nas xornadas vindeiras volveremos a velos desputando o título de Primaveira.
Estas foron as 8 mellores puntuacións nesta xornada inaugural desputada en Ibaruma. Para acadar tódolos datos recollidos na 1ª etapa da XII Liga de Primaveira pica na ligazón baixo este texto.

