Interpretar Met Office ao vivo

Dende eltiempoentuojete queremos dar un par de detalles que axuden a entender cómo interpretar a páxina ao vivo de Met Office, a axencia meteorolóxica de Gran Bretaña, e a sua web de observacións, WOW.

O enlace da Xornada ao vivo lévate ata a páxina principal de observacións da xornada en curso (nos exemplos, Croftgarrow). O primeiro que vemos é o Dashboard. Ainda non sabemos a cencia certa o tempo de recollida dos datos, nin se son dun día, dunha hora ou de 5 minutos. Polo tanto, mellor pasar desta pestana.

A seguinte pestana é a de Table. Clica nela. Nos filtros podes ver a data da consulta de datos. Embaixo, unha pestana na que poder ler Observation options.

En Observation options podes escoller os parámetros a consultar. Clicaremos en Air temperature (temperatura do aire), Rainfall accumulation (chuvia acumulada) e Wind Gust (refacho de vento), os necesarios para a nosa tabla.

Un pouco máis abaixo atoparás unha pestana que indica Table summary. Esa vai ser a referencia final para acadar os datos necesarios para a etapa. Se picas, ábrense os datos acumulados diarios. Recorda revisar na parte superior que a data escollida é a que precisas. Embaixo esta sumario podes visionar tódolos datos da xornada tomados cada 5 minutos.

Por último, na pestana de Graph, alóxanse os datos con intervalos de 1 hora. Son menos precisos, pero son unha referencia máis.

Da mesma maneira que a pestana Table, podes seleccionar a data e escoller os parámetros a visionar, desta vez na pestana Filter Options.

Recorda que cada vez que troques a data ou os parámetros, deberás pulsar o botón azul de Update Table ou, no caso das gráficas, Update Graph para actualizar a consulta. Por último, recomendamos usar a Table Summary da pestana Table. É a que tomaremos coma referencia, está baseada en datos cada 5 minutos e está actualizada ó derradeiro fluxo de datos.

Agardando que sexa de axuda…

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *