Pura Escocia

Primeira xornada de competición para @s 16 escollid@s para a desputa da Ojete’s Cup 2021 en Escocia. E semella que estaba agardando por nós… A chuvia fixo aparición na etapa inaugural en Croftgarrow, deixando 11 litros e algúns cadáveres no camiño. As temperaturas estiveron mornas no inicio, frescas ó final, pero a temperatura mínima estancou en 13º C. Despois dun mediodía tormentoso, a temperatura máxima acadou os 20º C. peladiños. O vento, frouxo, foi medrando cara a metade do día, chegou ata os 22 km/h. e despois voltou esvaecerse por baixo dos 10 km/h. As máximas puntuacións foron marcadas por Julio e Lukas, con 55 puntos. Somentes 6 participantes do total de 16 superaron os 50 puntos, dando conta da dificultade da etapa.

Este é un pequeno resumo do acontecido en cada un dos enfrontamentos.

Nanuq, o cacheira de serie número 1 venceu no seu enfrontamento ante Michi. Unha eliminatoria seca que se decidiu no vento, despois de empatar a temperatura e cun único punto de diferenza na chuvia.

Ainda que as diferenzas na auga semellaban o punto de inflexión da eliminatoria de Zalamera e Sarabia, foi a temperatura a que lle deu a vitoria a Sarabia, onde arrincou a Zalamera 6 puntos e a clasificación para a mellora.

Á de Víbora e Ocandepavlov tívose que decidir na prórroga. Os puntos mutuamente roubados en tódalas áreas empataban a eliminatoria, que se decidiu polo maior acerto no vento por parte de Víbora, que califica en verde.

Xowi sacóulle 2 puntos na temperatura e outro na auga á aposta de Kaltxon. 3 puntos definitivos nunha eliminatoria con apostas semellantes.

Julio demostrou afouteza en tódolos parámetros e, coa mellor puntuación da xornada, derriba a Botikas, o cachola número 2 da competición, sobre todo á conta da auga.

Oscar levou o outro enfrontamento pluviosamente negacionista. Un punto de diferenza na auga foi o detonante, ainda que un kilómetro por hora máis trocaría a báscula cara Aki. Pero non foi así…

Jose Lopez non deu burato a Breogán77, cunha das mellores apostas en pluviosidade e elimina o campión da Ojete’s Cup 2020, que non poderá manter o cinto.

Lukas tamén superou na pluviosidade a Beocha, para superar a rolda. Foi o factor decisivo cunha aposta destemida pero precisa. E leva o premio da vitoria compartida.

Ainda que xa coñecedes as eliminatorias, esta noite apresentaremos o cadro de competición para a 2ª rolda da Ojete’s Cup.

Para analizar tódolos datos da 1ª rolda da Ojete’s Cup 2021, pica no botón embaixo estas letras.

Na OjeteQuake, cando xa non esperabamos nada máis aló do sismo en Alaska, a falta de duas horas para o remate da xornada, picaba un sismo de 5,5 Mg. preto de Macquarie Island e e do casquete polar sur. Botikas gaña por cercanía, un método utilizado nas derradeiras xornadas da OjeteQuake. Con o Mar de Coral e o Mar de Tasmania polo medio, acada a mellor posición con respecto o epicentro.

Os catro primeiros da xeral entraron en somentes tres puntos de diferenza. Víbora mantén o liderato con 7 puntos sobre Jose Lopez, que lle leva case 100 a Breogán77, terceiro caixón do podio, que mantén a Mina a menos de 20 puntos. Pero agora entran na liza dous lobos expertos nesta competición sísmica. Balboa e Lukas, vellos gañadores da Liga dos Terremotos xa están na 5ª e 6ª plaza e ameazan a un cuarteto que leva toda a liga nas prazas de éxito. Comeron a Rasta76, no 7º lugar. Por tras, Julio, Xowi e Popolo completan un Top-10 que se mantén a menos de 300 puntos da cacheira.

Para obter toda a información resultante da 18ª xornada da OjeteQuake 2021, preme no enlace abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *