A etapa de Lardeira é a derradeira de alta montaña e a despedida da provincia de Ourense. Etapa coñecida polos seus refachos extremos, nesta edición semella un lugar compricado de predicir. E iso ve amosado nas apostas semanais, moi abertas e amplias. Con esta somentes (ou ainda) restan 7 xornadas, con as grandes etapas de chuvia que poderías estar baixo influencia anticiclónica. Por iso deberías rematar a montaña con esperanza de mellora…
As apostas en temperatura máxima van dende os 5 ata os 15º C. Tamén moita amplitude atopamos as temperaturas mínimas, oscilando entre os 3 e os -4º C. O que semella non ter dúbida e a pluviosidade, unha semana máis baleiras. Os refachos de vento, na liña seguida polas temperaturas, establécense entre os 9 e os 52 km/h.
Esta derradeira etapa de alta montaña, en Lardeira, no concello de Carballeda de Valdeorras trae moita emoción e posibilidades de vitoria para todol@s participantes. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada. Non a perdas!!!