Loitas ata o final

Seica moitas das loitas da clasificación xeral van quedar para as derradeiras datas de competición. Ainda que os pequenos movimentos nestas citas finais poden modificar significativamente o resultado definitivo en Cuntis. Todo conta a falta de duas xornadas para o gran final.

A madrugada de competición comezou en 0º C. e cara as 03:00 horas chegaba ata os -2º C. Ainda baixou máis cara o amencer, pero sen acadar os -3º C. A temperatura máxima certificóuse na hora do xantar, chegando ata os 11º C. Sen precipitacións na zona, quedaba agardar polo refacho de vento, que aumentou na sobremesa, marcando o seu máximo definitivo con 32 km/h., dentro dos valores apostados pola maioría.

Deste xeito presentáronse os dous vencedores de etapa, Compoñente Sur e Kaltxon. 58 puntos foron os que achegan ós seus marcadores e Xinzo, con grandes marcas en tódolos parámetros. Compoñente Sur mantén a probabilidade de entrar nun Top-20 que se lle queda pequeno. Kaltxon segue coa boa xeira de resultados neste final de Liga e entra de cheo na loita fraticida por acadar o Top-10.

Ata 6 competidores comparten 57 puntos en Xinzo. Belenchis e Oscar seguen afundidos na xeral, pero reciben con alegria o resultado. Iru vaga no posto 25, con poucas oprtunidades de mellorar, á espera dalgún despiste dos predecesores. Mina persegue o grupo que tenta loitar polo Top-10, ainda que lonxe e buscará un burato entre moitos competidores. Aki semella asegurar a posición e ten a posibilidade de mellora a somentes 3 puntos. Modesto brega no grupo “soicida” que busca o único posto libre do Top-10.

56 puntos tamén para Denodeno, Budainca, Iago e Rasta76, ubicados máis aló do posto 20. Punteiro, Nanuq e Verducido teñen bastante asegurada a posición entre os 10 mellores da xeral.

Verducido está en disposición de revalidar o título do ano anterior, se non a perde por sí mesmo. Detrás del, o primeiro grupo soicida busca lugar no podio xeral está composto por Beocha, Julio, Xowi e Botikas, con 5 puntos entre eles. Nanuq, Juanito Caminante e Aki conforman o grupo que persegue ós mellores e agardan un fallo para trepar na clasificación. Punteiro vaga en terra de ninguén, evitando as loitas do segundo grupo soicida, o que da acceso o derradeiro posto do Top-10. Eiquí atopamos a Marius, Modesto, Popolo, Sarabia, Balboa, Kaltxon e Víbora, cunha distancia entre eles de 5 puntos. Preciosa loita a que deben desputar por un único posto de honra nesta edición da Liga en Galiza.

Se queres concretar os detalle que deixou a 24ª etapa, en Xinzo. pica no enlace embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *