Máis que transición

Castro Vicaludo prometía relax e sosego despois das duas primeiras etapas con moitas diferenzas que conformou unha clasificación xeral con puntuacións moi dispares.

Pero non foi así. Chegar ós 50 puntos foi unha odisea, resultado que non acadou case a metade da tropa de eltiempoentuojete.

A temperatura mínima dóuse de madrugada e marcou un valor de 14º C., un pouco por baixo da media do apostado. No mediodía o mercurio elevóuse ata os 24º C., por riba da maioría das apostas recibidas. A chuvia non fixo acto de presenza pero o refacho de vento pasou por riba de tódalas prediccións, chegando ata os 56 km/h xa entre lusco e fusco do domingo.

A pesares de que se agardaban múltiples gañadores debido a grande cantidade de apostas similares e a unha xornada achanzada, a vitoria foi en soidade. Compoñente Sur conqueriu a máxima puntuación no concello de Oia, con 56 puntos. Mallou as temperaturas e a chuvia, deixando somentes 4 puntos no refacho, nunha xornada onde se perderon moitos puntos nese parámetro.

Por tras, Popolo chegou ata os 55 puntos, resultado que pode motivar o seu relanzamento. Julio foi o mellor no vaticinio do vento e, con estes 55 puntos, ameaza á cacheira da xeral, posicionándose no Top-5.

54 puntos acadaron vari@s meteoludópatas, con Jose Lopez, Iago, Budainca, Zalamera, Nanuq e Modesto. Xogaron ben e trepan na xeral cara unha mellor posición.

Ocandepavlov engadíu 53 puntos no seu marcador, pechando o Top-10 da xornada de Castro Vicaludo.

Na Clasificación Xeral pinchou o líder máis o segundo, incapaces de acadar os 50 puntos. Xowi perde a segunda praza, mentras Juanito Caminante segue cunha renda de 7 puntos sobre M. B. Joaquín, que semella atoparse no seu mellor momento e comanda o grupo de persecutores. Mjölnir segue na cachola da táboa e pode ser o mellor inicio dun novato nesta competición. Julio xa está 5º, 11 puntos por tras do líder. Alucarda e Sarabia tampouco afróuxan, mantendo o Top-10 na xeral. Michi ven a seguir, empatado con Jose Lopez que entra no Top-10 nesta xornada. Iru pinchou por baixo dos 50 puntos, que aproveita Mingos para achegarse ata os 10 primeiros da Clasificación.

Perseguindo ó Top-10 xa comezamos a verlle as orellas ao lobo, cun grupo onde xa atopamos algún dos favorit@s á vitoria final. Botikas, Verducido, Nanuq, Beocha, Marius e demáis xogador@s perigos@s xa asoman a cachola e intimidan os meteoludópatas en postos superiores.

Para acadar tódolos detalles da xornada de Castro Vicaludo, pica no enlace embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *