3ª xornada da XI Liga de Primaveira no Perú e nova xornada a 4000 metros de altitude. Desta vez no departamento de Apurimac, nunha nova zona de lagóas glaciais na Cordilleira andina. Despois do apagón lumínico informativo deste comezo de semana, agardamos non ter problemas ainda despois de ter trocado a estación por falta de datos.
As apostas en temperatura máxima están estabilizadas e van dende os 7 ata os 18º C. Ainda que nos atopamos cunha aposta de 19º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -3 e os 6º C. As precipitacións móvense nun rango de entre 0 e 6 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 7 ata os 34 km/h.
Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de predicir ó atopar moitas diferenzas entre valores apostados e o marxe é amplo. Non semella doado augurar un vencedor, pero o certo é que imos telo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Casaccancha, ó suroeste da cidade de Cuzco, na área sur do país.
As apostas:

