A segunda xornada da Liga de Primaveira segue no sureño estado de Alabama. Se a etapa de Montgomery foi axustada, nesta ocasión pode ser que as apostas estén ainda máis apertadas. A (posible) carencia de chuvia e uns valores moi semellates en tódolos parámetros van facer case imposible unha vitoria en soidade. Pero ese tamén era o pronóstico da 1ª etapa…. Benvidos a Tuscaloosa.
As temperaturas máximas oscilan entre os 21 e os 24 º C., cun apunte de 10º C. As mínimas, ainda máis ceñidas, entre 8 e 11º C., cunha soitaria aposta en 13. Sometes unha aposta sobre mollado, con 2 litros. O resto das cubetas, baleiras. Os refachos de vento, un pouco máis espallados, varían entre os 10 e os 38 km/h.
Xornada pois, con valores moi semellantes e onde a competitividade chegará a límites fora do común. Podes seguir a xornada meteo ao vivo dende este elace a partir das 07:00 horas desta madrugada (as táboas dende as 11 da mañá).
Apunte: a web da NOAA que enlaza dende a xornada ao vivo ten duas pestanas importantes para o seguimento da etapa. Unha é a de “5 minute observations”, que permite profundizar os valores acadados e a de “Int. Units”, que troca os valores de temperatura a grados Celsius, a chuvia a litros e o refacho de vento de millas a kilómetros por hora. Está á vista nos PC’s e nun menú nos teléfonos.
Na OjeteQuake temos un éxodo masivo cara o oeste do Pacífico, na parte occidental do Anel de Fogo. Dende Alaska ata Nova Zelada, preto de 30 apostas amoreadas, máis unha aposta no océano Indico e outra no Polo Norte compoñen o pronóstico sísmico da xornada do domingo.
Podes seguir a etapa sísmica ao vivo neste enlace a partir das 02:00 horas desta mesma noite.