Na espera de Alaska

Cando somentes quedan 8 días para o comezo do Torneo de Vran en Alaska, a competición sísmica segue no seu camiño, desta vez na 12ª etapa da OjeteQuake. As apostas seguen a concentrarse no Anel de Fogo, pero moito máis espalladas. Atopamos apostas en Xapón, na Fosa das Marianas, Filipinas, Indonesia, Papua, Fiji, Australia, a Illa de Pascua, Chile, Perú e Alaska. Fora de rango tamén podemos ver apostas en Irán, Afganistán e Turquía, xunto a unha aposta no nordeste da India. A magnitude máxima apostada e de 6,5.

Topamos varias apostas sospeitosas de erro no valor positivo ou negativo, polo que o apostante que teña que trocar ese valor pode facelo cun email ó noso enderezo electrónico antes das 20:00 horas deste sábado. O enderezo é eltiempoentuojete@gmail.com. Dentro destas apostas confusas destacan as apostas de Mina e Bar Pequeno. Pero non podemos sabelo de maneira segura, polo que invitamos ó troco no caso de erro. Se o lugar está correcto, non fagas nada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *