Na procura das semifinais

Segunda rolda de competición na derradeira competición da tempada meteorolóxica amateur de eltiempoentuojete. O estado de Karnataka recibe @s 16 mellores meteoludópatas neste vran de 2022. A Ojete’s Cup desputa a segunda quenda de enfrontamentos no que semella un repouso dentro da tempada de monzón. Agárdase pouca chuvia ou nula, dacordo ás apostas recibidas.

As temperaturas máximas establécense entre os 23 e os 29º C. As apostas para a mínima oscilan entre os 16 e os 19º C. Case a metade das prediccións en chuvia están valeiras, mentras o resto chega ata os 4 litros, con unha aposta desmarcada de 8 litros. Os refachos de vento van dos 16 ata os 41 km/h.

A batalla entre Landrán e Punteiro somentes difire no refacho de vento, que tamén está moi axustado. Resultado incerto.

Mina e Xowi teñen diferenzas cativas en temperatura mínima e refacho, polo resto moi semellantes. Resultado incerto.

Verducido e Beocha presentan valores parellos, que difiren nun litro de chuvia e 3 km/h. Resultado incerto.

Popolo e Modesto distínguense por un grado en temperatura, un litro na chuvia e un refacho distante. O vento pode ser decisivo.

Sarabia e Botikas teñen a sua némesis na chuvia, ainda que no vento tamén discordan. A auga marcará as distancias.

Lume e Compoñente Sur teñen o refacho empatado, pero no resto, moitas diferenzas. A auga tamén pode ser decisiva.

Bar Pequeno e Kaltxon basan as suas diferenzas na chuvia. Ése será o parámetro crítico.

Marius e Michi tamén se distancian na chuvia, pero o vento terá moito que dicir. Resultado incerto.

Para seguir todo o que aconteza en Gonikoppal, no distrito de Kodagu en Karnataka, pica neste enlace ao vivo, que comezará a traballar cara as 03:00 horas desta madrugada (con permiso das festas). Non a perdas…!!

Na OjeteQuake 2022 chegamos ás derradeiras 3 xornadas e nesta 19ª as apostas volven concentrarse no leste de Asia, dende o norte de Rusia ata os lindes de Fiji no sur. Fora dese ámbito somentes atopamos epicentros nas Illas Sanwich e na costa de Ecuador. Nada máis… A magnitude máxima apostada chega ata os 6,1 Mg.

Se queres seguir o que suceda en directo, podes facelo dende este enlace ao vivo, e comezará a transmitir cara as 03:00 horas (con permiso das festas).

As apostas:

Apostas meteo
Apostas sísmicas

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *