Ventosa é a etapa que marca o final da primeira metade da Liga da Inverneira. Fai a número 13, desta vez na montaña lucense, a carón dos irmáns leoneses e cun cheirume de frío, vento e posibilidades de chuvia ou quizáis auganeve. Coincide co sorteo de Nadal, ainda que o noso xogo case nunca se basea na sorte, senón que o traballo inflúe decisivamente.
As apostas en temperatura máxima van dende os 7 ata os 14º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 2 e 10º C. As precipitacións probables enmárcanse entre a seca e os 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 43 km/h.
Dada a igualdade dalgúns parámetros estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co reto de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. Os resultados de outono están no aire!!