Noites de calmuzo

Nesta xornada en Castro Vicaludo voltamos a vivir un domingo de altas temperaturas cunha máxima diaria que chegou ata os 27º C. Pero o destacable foi unha nova noite tropical cunha temperatura mínima que non baixou dos 22º C. (redondeados). Como era de agardar, non caeu nin pinga de chuvia. O refacho máximo diario marcou os 30 km/h., que semella pouco para os 480 metros de altitude dunha estación que se sitúa ó carón do Océano Atlántico.

As mellores puntuacións do día foron os 56 puntos de José Lopez e Aki, que tiñan as mínimas máis altas apostadas. Nas máximas tamén andiveron finos e poucos puntos perderon no refacho. Jose Lopez entra no Top-10 da xeral e Aki recupera puntos e chega ata o posto 16.

Por tras deles con 55 puntos entraron Nanuq e Botikas, con mínimas máis baixas pero con apostas moi equilibradas. Os dous se manexan agora cara a metade da távoa de clasificación.

54 puntos obtiveron o cuarteto formado por Breogán77, que permanece como líder, e Popolo, no Top-5. Beocha e Budainca chegan ata o Top-10, con marcas moi regulares.

E ata 10 competidores suman 53 puntos nos seus marcadores. Marius, Rasdgar, Mina, Compoñente Sur, Lukas, Kaltxon, Kalandrakas, Bar Pequeno, Mingos e M. B. Joaquín. A moit@s deles podedes atopalos entre o Top-10 e outr@s cara a metade da clasificación e case tod@s melloran a sua situación.

A Clasificación Xeral segue comandada dor Breogán77, seguido de preto por Bar Pequeno a 2 puntos e Compoñente Sur a 3. Catro puntos detrás do líder están Rasdgar, Popolo, M. B. Joaquín e Jose Lopez. Un punto menos ten Beocha, na 8ª praza e dous menos para Mingos, Kaltxon, Budainca e Balboa, que pechan as puntuacións do Top-10 da xeral.

Se queres indagar en todo o acontecido na 3ª xornada da Liga da Inverneira, no concello de Oia, pica no enlace embaixo exposto para acceder a tódolos datos recollidos.

P. D. Preparádevos para a posible chegada de chuvia este fin de semana á conta dunha fronte que pode afectar moito á clasificación xeral despois da 4ª xornada, en A Armenteira, no concello de Meis e tamén a boa altitude cara o Atlántico. Gran etapa para perder posicións de mérito ou para recobrar folgos perdidos.

Saudos e sorte!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *