A derradeira xornada de alta montaña ven acompañada pola entrada do anticiclón das Azores e semella que deixará de chover para a desputa da etapa de eltiempoentuojete. Tamén se aprecia nas apostas unhas temperaturas anormalmente altas para o tempo e a zona de xogo.
Atopamos nas temperaturas máximas apostas de entre 10 e 14º C., con pico baixo en 9 e máximo en 15º C.. A maioría das apostas de chuvia están baleiras, non sendo litros soltos e un Nostradamus que presenta 44 litros. O refacho de vento enmárcase entre os 13 e os 65 km/hora.
Deste xeito imos ter unha xornada moi emocionante, con apostas moi parellas e, ainda que semella de transición, pode definir o resto da competición, pola altura na que nos atopamos no calendario. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires da madrugada do domingo.