Damos inicio ó inverno meteorolóxico en eltiempoentuojete coa entrada das etapas no interior do país, en Ourense e Lugo. É nesta última, no concello de A Fonsagrada, na estación de O Xipro, onde arrinca esta andaina. E a priori fáino como ten que ser, con temperaturas baixas pero con ameaza de chuvia durante todo o día. O vento semella ser o propio das zonas montañosas, sen chegar a compararse cunha borrasca forte atlántica. O nordés xa será dominante na semana entrante…
As apostas en temperatura máxima están entre os 2 e os 10º C. cunha aposta alonxada de ata 14º C. Polo que respecta ás mínimas, oscilan entre os 7 e os -3º C. Moita variedade tamén na chuvia, con prediccións que van dende 0 ata 20 litros. Polo que atinxe ós refachos de vento, atopamos valores dende os 20 ata os 65 km/h.
Con esta disparidade de opinións semella que imos ter unha xornada cambiante e con emoción ata o derradeiro minuto de xogo. Convidámoste a seguila ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 horas desta mesma madrugada e durante o domingo ata o final do día. Súbete ó noso carro cargado de inquietude e excitación!!