O acontecido esta fin de semana no concello de A Fonsagrada está dentro ou é propio da inverneira galega, sobre todo da provincia de Lugo. Temperaturas baixas, chuvia e auganeve e un vento que sen ser furacanado deixou unha sensación térmica moi por baixo do que o termómetro reflictía.
A temperatura mínima déuse cara o final do día acadando os 2º C. A máxima chegou ata os 6º C. despois do almorzo. A chuvia, incansable durante todo o día acabou sumando 12 litros, mentras o vento tivo o seu refacho máximo en 57 km/h.
Como non podía ser doutra forma con esta inverniza atopamos un vencedor en soidade en Kaltxon, que despois dun comezo de Liga titubeante semella coller calor nas derradeiras datas. 59 puntazos, a piques do pleno, mallando temperaturas e chuvia e deixando atrás un punto no refacho. Con esta vitoria achégase ó Top-10 con gañas de superación e volver á senda do pasado curso. Gran exhibición no cumio lucense!!
Dous puntos por tras, con 57 sumados, Botikas e Julio, rematando no Top-5 Julio e recuperando a segunda praza Botikas, restando 4 puntos a diferenza coa lideresa. Apostas moi similares con idéntico e fantástico resultado. Fixeron cocido en O Xipro.
55 puntos para Rasta que volve o Top-20 agardando que sexa definitivo. Mallou o refacho e estivo atinado no resto de parñametros para voltar ás boas costumes. A seguir nelas!!
Sumou 54 puntos Popolo para manter o podio e coller folgos cos persecutores. Semella que pode tocar a campá nesta edicióne mantén a candidatura ó título. Recuperando a honra!!
A lideresa Magor e Beocha son dúas das donas que se estableceron no Top-10 e desafiuzalas non vai ser sinxelo. Con 53 puntos, Magor mantén 12 puntos co segundo clasificado e Beocha volta á 7ª praza nunha xornada na que aguantaron o tipo entre @s mellores. A busca da gloria!!
E con 52 puntos outra dona que non se rende nunca. Sarabia tenta voltar ó Top-10 que nunca debeu abandonar. A só dous puntos e ás mesmas posicións de acadalo. O inverno é o dela!!
Estes son as 8 mellores puntuacvións da 11ª etapa da Liga da Inverneira ó seu paso por O Xipro. Para acadar toda a información recollida no concello de A Fonsagrada, pica no enlace que ofertamos por baixo destas letras.