Semella que este tren de borrascas que estamos a padecer/desfrutar non remata ainda. E nesta fin de semana o xogo desplázase ata o extremo norte do país. Ortigueira é o concello que acolle a 6ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. E a priori a etapa vai ser un equinossio onde se agardan cantidades importantes de chuvia, refachos de grande intensidade e temperaturas en descenso. Isto é, todo o que fai que unha xornada de Liga meteorolóxica poida converterse en lenda. Buscamos a quen faga historia na Serra da Faladoira.
Nas apostas vemos unha amplitude en tódolos campos, polo que a clasificación xeral ten pinta de estar suxeita a modificacións. Veremos de qué forma…
As temperaturas máximas teñen unha amplitude dende 12 ata 19º C. As mínimas van dende os 8 ata os 14º C. As apostas de pluviosidade abarcan dende os 2 litros ata os 40. Non semella que estemos de acordo… No canto dos refachos, tamén moi aberto, van dende os 46 ata os 140 km/h.
Con todo isto agardamos unha xornada espectacular climaticamente falando. Podes seguila ao vivo o domingo neste enlace.