
Derradeira xornada das desputadas na zona da costa do país. A partires desta semana a liga meteorolóxica de eltiempoentuojete vai cara cotas máis altas onde pronosticar e para demostrar que os mellores han de ser xogadores todoterreo. Pero antes imos desglosar o acontecido en A Gándara, no concello coruñés de Vimianzo.
As temperaturas tiveron pouca amplitude térmica e a máxima acadou os 13º C. A mínima non baixou dos 9º C. A chuvia non fixo aparición e quedou espallada sobre todo pola provincia de Ourense. O refacho de vento chegou ata os 35 km/h., axustado ó tipo de xornada acontecida.
Deste modo sairon a parella de gañadores da xornada. Xowi mallou as temperaturas e perdeu un punto en cadanseu dos outros parámetros. Lume somentes perdeu un punto na temperatura e outro no vento. Xowi escada polo Top-10 e Lume semella vai saindo do pozo. Ambos suben ata o 3º e 4º posto na histórica de vitorias. Noraboa por todo iso…
Con 57 puntos, Balboa segue a recuperar o perdido en Ponte Caldelas e sitúase ás portas do Top-10. Con 56 están os dous líderes, Botikas e Verducido, que manteñen a posición. Tamén Punteiro, que chega ata o 5º posto, e Marius, Mina e Michi manteñen o Top-10 coa mesma puntuación. Con 55, Beocha ocupa a terceira praza, mentras Compoñente Sur e Ocandepavlov atopan de novo a regularidade. Nestes 12 mellores clasificad@s botamos en falta a Nanuq, Julio e Víbora, que retroceden, ainda que sexa no Top-10. Agardábase algo máis desta xentiña, pero queda tempo para demostrar a sua valía.
Se queres coñecer tódolos detalles deixados tras a xornada en A Gándara, pica no enlace abaixo exposto.
P.D. Agardamos que a non comparecencia de Juanito Caminante se deba a razóns de amnesia, resaca ou calqueira cousa que non sexa grave. Agardamos por tí…