O lago do luxo

A 4ª etapa da Liga de Primaveira lévanos ata a 1ª xornada en terras italianas, no Lago di Como, fogar de Donatella Versace, Madonna ou Berlusconi, polo que a zona está rodeada do luxo dos seus paisaxes e o das grandes fortunas que aquí teñen a sua segunda residencia. As axencias meteorolóxicas sinalan tempo chuvioso, con temperaturas primaverais e vento frouxo. Estas son as prediccións dos meteoludópatas de eltiempoentuojete.

No que se refire ás temperaturas máximas, van dende os 11 ata os 18º C. Polo que atinxe ás mínimas, están entre os 3 e os 13º C. Semellan bastante abertas as apostas neste parámetro. Polo que respecta ás precipitacións, temos valores dende os 3 ata os 21 litros, sen acordo posible. Os refachos de vento están representados dende os 9 ata os 32 km/h.

Á vista de apostas tan dispares agárdanos unha xornada moi especial e con oportunidades de mellora para tódolos gustos. Recomendamos vivila en direto dende este enlace ao vivo a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo en horario continuado ata o remate do día. Semella que as diferenzas van marcar o desenrolo da propia Liga, polo que mellor non perder conta do que suceda.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *