Após de catro semanas sen chuvia, semella que en Fornelos volta a humidade a Galicia. Seica vai ser transitoria a situación, pero sería unha mágoa volver xogar en seco nunha cita tan especial coma esta. Fornelos é das tres estacións meteorolóxicas de Meteogalicia que recolle máis chuvia anualmente. E este ano vai rachar a xeira de xornadas xélidas e solleiras. Pero nas apostas tamén atopamos varias apostas de pluviosidade baixa. Pode ser que tomen risco para escalar na xeral ou pode ser convicción pura. Ésta é outro dos interrogantes a respostar o domingo, xunto ó desempeño de Juanito Caminante, líder destacado en predicción sobre mollado. E moitas outras…
Nas apostas en temperatura máxima atopamos valores entre os 8 e os 14º C. As temperaturas mínimas recollidas amosan valores entre os 3 e os 8º C. As cantidades apostadas para o parámetro da chuvia varían entre os 12 e os 40 litros, cun grupo de ata 6 apostantes que rebaixan as prediccións por baixo dos 6 litros. Nos refachos de vento, as apostas fluctúan entre os 27 e os 113 km/h. converténdose no parámetro con máis amplitude nesta xornada.
Esta xornada debería entrar nos libros de texto da meteoroloxía. O aspecto xeral da xornada obriga a seguila ao vivo dende este enlace. A retransmisión da etapa de Fornelos comeza cara a 01:30 horas desta mesma madrugada. Moito pode mudar a clasificación xeral, soterrando os soños de algúns e reactivando a competidores case desbotados da loita final.