A 14ª xornada da Liga da Inverneira desenvolvéuse baixo o sinal do anticiclón e foron poucas as diferenzas de puntos entre apostantes. Pero, coma sempre, algo movéuse a Clasificación Xeral para vari@s meteoludópatas, ás veces de forma imperceptible. Tamén vimos cómo os residentes na parte baixa da xeral teñen a súa oportunidade e sabemos que non se poden deixar escapar. Nunha xornada onde o normal sería ter unha chea de gañadores atopamos a un vencedor en soidade, deses da parte baixa da távoa, que pode ser que xa teña cumprido un dos seus obxectivos, obter unha vitoria e como engadido, non compartila con ninguén.
Os datos fixéronse absolutos dende ben cedo no domingo. Cara as 03:00 horas marcóuse a temperatura mínima que remataría sendo a definitiva, 3º C. Nesa mesma franxa horaria acadóuse un refacho de 15 km/h. redondeados, que ainda que foi superado na tardiña, non modificou o redondeo inicial. A temperatura máxima chegou ata os 13º C. na mañanciña, cara as 11:00 horas e, como se agardaba, a chuvia ausentóuse na Serra do Eixo.
Con estes resultados obtivemos un heroe en soidade, que con 58 puntos quitóulle o protagonismo ós ocupantes da parte alta da clasificación. M. B. Joaquín, que merodeaba polo posto 34, cunha cuadrícula chea de ausencias e penalizacións, convertéuse no vencedor único nesta 14º xornada. Perdeu somentes 2 puntos, un na temperatura máxima e outro nos refachos de vento, sendo o xogador que acertou a temperatura mínima en exclusiva. É a súa 5ª vitoria histórica, 2ª en soidade e o resultado na xeral ´ñe apenas imperceptible: sobe ata o lugar 32 dende o 34. Pero a súa fazaña xa se troba nos cantares de xesta. Joaquín, benvido de novo ó protagonismo da Liga da Inverneira!!
A segunda mellor marca da xornada foi de 57 puntos, correspondentes a Balboa e Michi. Preto da vitoria teñen que conformarse coa mellora na xeral. Balboa recupera o Top-10 e agora se atopa na 8ª posición (a xeral reflicte 9º, pero no desempate por vitorias supera a Compoñente Sur) e acosa a Breogán77 na 7ª posición. Mentras, Michi supera a Popolo e acada a 15ª praza achegándose o Top-10 da xeral.
Con 56 puntos atopamos ó líder Botikas, que vai aumentando a vantaxe sobre os persecutores e xa disfruta dunha marxe de 6 puntos sobre Kaltxon e Verducido. Non vos soa doutras edicións? Ou espabilan ou marcha cara un novo título. Compoñente Sur mantén as súas opcións dentro do Top-10 presionado por Balboa pero presionando a Breogán77. Modesto e Punteiro seguen escalando posicións dende un pobre inicio de competición e agora buscan os postos de acceso ó Top-10. Denodeno tamén nota melloría e entra no Top-30 da xeral.
Estes son os 8 mellores en Serra do Eixo. A Clasificación xeral segue comandada con man de ferro por Botikas, alonxándose de Verducido e Kaltxon respectivamente. Beocha segue na 4ª posición a menos de 10 puntos do podio. Mina e Landrán 7 puntos por tras na 5ª e 6ª posición, cun pequeno abismo sobre Breogán77 na 7ª praza e presionado por Balboa, Compoñente Sur e Marius, que pecha o Top-10 da xeral. A seguir, unha morea de lobos esfameados que tratan de usurpar os postos de privilexio e que agardan a chuvia coma factor diferencial.
Se queres acadar tódolos datos resultantes da 14ª xornada desputada na Serra do Eixo, pica no enlace que ofertamos embaixo estas letras.