Outono en estado puro

Top-5 de refachos o domingo. Meteogalicia

O outono está eiquí e mostra delo é a 3ª xornada da Liga da Inverneira. Desputada en Castro Vicaludo, Oia, tivo todo o que se precisa para entrar dentro da categoría das xornadas denominadas radicais.

As temperaturas descenderon cáseque de golpe, o refacho acadou máis de 100 km/h., estando no Top-5 de extremas de Meteogalicia. A pluviosidade estivo preto dos 30 litros, deixando datos de etapa infernal.

Este apocalipsis tivo variad@s líderes ó longo do día, pero na recollida final de datos, a experiencia dalgúns competidores determinou os resultados finais. O gañador en soidade tiña a maior das apostas en refacho, obtivo moi bos resultados na pluviosidade e estivo pretos dos datos de temperatura. Ademáis da vitoria en soidae acada tamén o liderato da clasificación xeral. E semella que teremos que arrincarllo das pezuñas, farto compricado a tenor das derradeiras tempadas.

O resto do pelotón obtivo diferentes resultados, ainda que a maioría dos apostantes non estragou nada definitivamente e segue na loita polo campionato.

Pero se queres escudriñar por tí mesmo todo o acontecido en Castro Vicaludo (Oia), preme no botón embaixo este texto.

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *