Penúltima oportunidade

Chegamos ata a 9ª etapa da IX Liga da Inverneira, penúltima ocasión de mellorar, obter unha vitoria ou adiantar a un contrincante incómodo. A cita é na capital do Canadá, Ottawa, cun clima sosegado a tenor das apostas dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. Moito que decidir e moito que preparar para chegar á xornada final con opcións de algún progreso.

As temperaturas máximas oscilan entre os 19 e os 24º C. Pola banda das mínimas, as apostas amosan valores entre 5 e 12º C. Somentes atopamos unha única aposta sobre mollado cun soitario litro. As apostas en refacho de vento van dende 17 ata 47 km/h.

Con estas apostas agardamos unha xornada moi emocionante, con valores moi similares e unha xeral moi apertada. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace, a partires das 06:00 horas desta mesma madrugada.

9ª xornada tamén na OjeteQuake 2022, cunha clasificación xeral axustada ata o límite. As apostas seguen no camiño trazado en anteriores citas, con maioría de prediccións na zona do sureste asiático. Outros destinos son o extremo oriental de Rusia, no Golfo de Alaska, sur de Perú e norte de Chile, centro de China, Kazajistán, Irán, oeste de Grecia ou no centro do Océano Atlántico. As magnitudes máximas apostadas chegan ata os 6,2 Mg., con varias apostas que superan os 6 Mg.

Con este rango de apostas, agardamos unha xornada con moitas opcións para tódolos participantes. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada. Non a perdas!!

As apostas:

Apostas meteo en Ottawa
Apostas sísmicas 9ª etapa

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *