Piano, piano

Chegamos á etapa que marca o fin da primeira metade desta X Liga de Primaveira no Adriático cunha xornada que semella reposada e calma, ainda que ás veces as apariencias enganan. A rexión de Friul Venecia Julia acolle a primeira das duas etapas a desputar no seu territorio. Semella un día primaveral, con vento frouxo, temperaturas altas e baixa ou nula precipitación. Vexamos o que nos contan as apostas.

En temperatura máxima recollemos valores que oscilan entre os 19 e os 25º C. No que respecta ás mínimas temos valores entre os 9 e os 12º C., sendo un parámetro con poucas oscilacións. No que atinxe ás precipitacións, case todas as casiñas están baleiras, ainda que rexistramos apostas entre 1 e 3 litros e unha bastante arriscada de 9 litros. Nos refachos de vento, observamos apostas dende os 12 ata os 39 km/h.

Con este panorama agardamos unha xornada moi desputada e que non deberías perder seguindo este enlace ao vivo dende as 02:00 horas desta mesma madrugada e en horario contínuo dende a mañanciña do domingo ata o remate da xornada. Chegamos ó ecuador da competición e has de estar ben colocado.

Dous detalles destacados. O primeiro o retraso do 5º clasificado, M. B. Joaquín, deixa unha porta aberta no Top-10. O outro…

Atención: Semella que os datos de MetOffice referentes ás precipitacións non son corretas. Ante calqueira dúbida consultaremos diretamente á estación de MeteoRoveredo, con enlace na web da estación de MetOffice. Esta é http://www.meteoroveredo.it/ Ó remate da xornada consultaremos os datos que ofrece para o parámetro de precipitación.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *