Puro Cebreiro

Espectacular xornada a desputada en O Cebreiro, a derradeira na provincia de Lugo e penúltima da xeira de etapas de montaña.

O día comezaba marcando unha mínima de 2º C., que baixaría a 1º C. pouco tempo despois. Viña acompañada da chuvia, que a partires das 02:00 horas comezou a engadir litros na cazoliña de O Cebreiro. A estación marcaba 11 litros cara as 10:00 h. da mañán, cando o sol fixo a sua aparición. Entre nubes e claros a temperatura máxima acadou os 8º C. no mediodía, mentras o refacho, en 56 km/h. comezaba o seu ascenso. Despois do mediodía chegaba a chuvia de novo e deixaba a marca final en 12 litros. Namentras, o refacho seguía a subir. Punteiro collía o liderato da etapa, pero un refacho de 87 km. obrigaba a compartir a vitoria con Breogán77. Pero unha derradeira subida do refacho, de somentes 1 km/h., encaixou perfectamente na aposta de 88 de Breogán77 e dixóuno coma gañador en soidade. Segunda vitoria nesta edición da Liga da Inverneira, ainda que afundido na clasificación xeral.

Breogán77 fixo unha aposta moi precisa, con 2 litros e un grado de diferencia na máxima coma únicos erros. Mallou a temperatura mínima e o refacho, que lle dou a primeira vitoria en soidade nun dos portos máis míticos de eltiempoentuojete. 57 puntos. Noraboa.

Na segunda praza atopamos o dagnificado do refacho, Punteiro. 56 puntos cunha boa aposta, non sendo no refacho, onde deixa 3 puntos e a vitoria compartida. Sérvelle para alonxar a Modesto do seu cú e achegarse a Julio a 6 puntos. Grande xornada para él, pero sen vitoria.

Con 54 outro residente do Top-10, Víbora, que semella pasou de alquilado a propietario e xa loita pola 6ª praza con Xowi, Marius e Modesto. Gran remontada do gañador da 3ª edición da Inverneira.

53 puntos acada Botikas, que colle o mando da xeral, con dous puntos de marxe con Verducido. Rasta76 concebiu unha das poucas boas xornadas desta edición e continúa afundido na lameira da xeral. Kaltxon sube dende o posto 20 ata o 14, nun grupo soicida que agora lidera e persigue o Top-10.

Con 52 puntos, Popolo ocupa o grupo de Kaltxon e aspira á entrar entre os 10 mellores. Marius, xa nese grupo, busca o Top-5 nun grupiño con vacas sagradas e novatos demandantes de atención. Seguro que bota de menos os 10 puntos da penalización de Castro Vicaludo

51 puntos acadaron un grupo de xogadores con Verducido coma mellor clasificado. Segue na segunda praza, perdendo 2 pts. co líder. Compoñente Sur e Lume comparten puntos e zona da távoa, pero tamén unha traxectoria irregular, nunha tempada na que agardamos máis do que están a demostrar. Iago e Iru están na mesma situación, pero máis afundidos. Este ano a mediocridade non ten beneficio…

Con 50 puntos, Balboa, Modesto e Beocha manteñen posicións no Top-10 e agardarán outra oportunidade para coller altura. Esta é a lista dos que acadaron os 50 puntos, menos da metade do total de apostantes.

No negativo, Julio e Xowi non acadaron os 50 puntos e ven a sua posición no Top-10 ameazada polos persecutores máis avezados. Os 45 pts. de Michi alónxano da loita polo Top-10. Finalmente, M. B. Juaquín e Denodeno xogaron en El Cebrario, no sur de Marrocos, a tenor das temperaturas pronosticadas.

Se queres indagar por tí mesmo o acaecido o domingo na estación de O Cebreiro, pica no botón embaixo este párrafo.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *