Redención

A penúltima xornada da VIII Liga da Inverneira, en A Granxa, leva consigo a oportunidade de redención para moit@s participantes. A inestabilidade da unha oportunidade a partires de unha dana/cicloxénese/nube pasaxeira que ten moitas posiilidades de coverterse nalguha cousa. Como vedes nen sequera as axencias se poñen de acordo na hora de concretar o clima para o domingo, polo que o descoñecemento abre as portas a trocar todo o camiño andado nesta edición. Se eres dos que arriscan ou precisan facelo, esta é a oportunidade. Se vas a por todas, este é o momento. A Liga da Inverneira, esta semana en Ponteareas, está no aire (e na chuvia).

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 11 e os 15º C. Os valores en temperatura mínima van dende 1 ata 7º C, máis amplitude que as suas irmáns maiores. As apostas en pluviosidade comezan en 0 e acadan os 20 litros, cun rosario de cifras intermedias. Os valores pronosticados para o campo do refacho de vento van dende os 20 ata os 69 km/h.

Con estes rexistros tes ante tí unha das mellores oportunidades de desfrutar dunha etapa que promete un xogo emocionante dende o descoñecemento e na que podes dar un macetazo nos dedos dalgún contrincante e ascender na clasificación no fin da campaña en Galicia. Sen esquecer que podes morrer polo cú, que tamén é unha posibilidade. Se queres seguir a xornada dende o primeiro minuto, pica neste enlace á etapa ao vivo, traballando dende a 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *