Fin de festa en Xesteiras, concello de Cuntis, onde se desputaba a etapa final da X Liga da Inverneira de Galicia e xa coñecemos os resultados definitivos da competición senlleira de eltiempoentuojete.
As primeiras horas de competición deixaron varios parámetros definitivos ata o final do día. A temperatura mínima baixou ata os 10º C. n a primeira hora, do mesmo xeito que o refacho de vento, que acadou unha cota de 61 km/h., marca moi por riba do apostado pola maioría. A chuvia caía de seguido e ás 04:00 horas xa acumulara 6 litros no pluviómetro. Así se mantivo ata o mediodía, cando a temperatura máxima chegaba ós 13º C. e a chuvia engadía 2 litros máis no contador, sinalando os 8 litros que xa serían definitivos. No final de etapa ainda subiu a temperatura pero sen chegar a modificar os valores acadados. A chuvia estivo no límite para trocar detalles na xeral e incluso trocar os vencedores de etapa, pero ese feito non se produciu.
Deste xeito atopamos unha vitoria grupal con 4 participantes no cumio co 52 puntos. Tres deles involucrados no Top-10 da xeral. Verducido reduciu as diferenzas co líder Botikas pero sen premio. Defendeu sen problemas o posto con Kaltxon, acadando outro subcampeonato. Beocha tamén defendeu posición e remata nunha 4ª praza con bo sabor de boca vendo o desenvolvemento da liga. Xowi desempatou con Landrán, ainda que se chovera somentes 0.1 ltros máis perdería a vitoria e a praza. Non sucedeu e remata na 6ª posición. Polo Top-20 Julio sí que acadou o seu obxectivo de rematar dentro do mesmo. Perseguíu a vitoria co premio do 20º posto da xeral.
Con 51 puntos chegaron á meta Punteiro e Modesto. Punteiro remata 11º, unha posición impensable para el na primeira parte da Liga. Gran resultado pola recuperación na segunda volta. Modesto sube ó posto 17 con pena de non chover máis e subir un pouco máis na que foi unha competición decepcionante para el. Os dous rematan forte e melloran.
Breogán77 e Kaltxon finalizaron con 50 puntos. Kaltxon mantivo a 3ª praza pero non poido chegar ata Verducido. Podio para o que será aspirante a títulos nas próximas competicións, con grandes sensacións e carencia de medos. Breogán77 defendeu o derradeiro chanzo do Top-10 co coitelo nos dentes e, aparte da clasificación, leva un pleno, formando parte dun club m´ñais que exclusivo en eltiempoentuojete.
48 puntos obtiveron Popolo e Víbora, levando a súa rivalidade ata o extremo. Non puideron con Punteiro pero sí con Compoñente Sur que certificou un baixón nas derradeiras etapas. Rematan compartindo o 12º posto, cunha difícil de igualar paridade nos seus marcadores.
Estes foron os dez mellores xogadores por puntuación. Para acadar máis datos pica no botón de enlace que ofertamos embaixo do resumo final da competición.
Pequeno resumo
Botikas volve gañar a Liga da Inverneira despois dun ano no segundo posto e desempata a igualdade de trunfos con Verducido, co que intercambia posición respecto a edición anterior. 4 Ligas da Inverneira o convirten no mellor xogador en Galicia, por riba das 3 de Verducido. A súa sala de trofeos foi ampliada e non semella que baixe de nivel. Se acaso somos os demais os que temos que mellorar.
Verducido acada un novo subcampeonato. Non puido resistir os derradeiros embates do agora tetracampión e tense que conformar con seguirlle a matrícula. De seguro xa está a pensar nas novas edicións e promete vinganza.
Kaltxon confírmase coma aspirante ó trono dos dous multicampións dando un paso adiante que agardemos non sexa unha ilusión. Gran tempada para el, a da súa confirmación coma duro opoñente.
Beocha non pudo con Kaltxon para acadar un novo podio pero defendéuse con forza de Landrán e Marius e debe estar satisfeira do conseguido. Forte nas etapas de chuvia torrencial agardará outra oportunidade para atrapar un título que se lle resiste.
Marius tamén deu un paso adiante para consagrarse coma aspirante, superando a moitas vacas sagradas da competición. 5º posto do que debe sentirse fachendoso. Se lle queda unha espiña cravada é a de non levar unha vitoria.
Xowi rematou forte, loitou o pudo nestas derradeiras xornadas para acadar o mellor posto posible. Do que tamén pode estar orgulloso é das 4 vitorias ligueiras, feito que non se pode esquecer.
Landrán finaliza 7º con 2 vitorias. Sería para festexar se non tivera 2 penalizacións enriba que lle darían a 4ª praza. De ser máis constante loitaría polo podio ou incluso a vitoria final. Pero o dos retrasos pódese remediar. Aquí hai aspirante.
Para Mina a 8ª praza seguro que lle sabe a pouco, pero vendo cómo se desenrolou a Liga, debería estar orgullosa. Top-10 e dúas vitorias para ela.
Balboa apostou sen medo durante este desafío e ten o premio do Top-10 e 2 vitorias. Semella cada vez máis centrado e promete mellores resultados en próximas citas.
Breogán77 cerra o Top-10, ainda que o seu pleno na primeira xornada indicaba que podía rematar mellor. De calqueira maneira engade 2 vitoria no marcador, unha delas sen prezo.
Punteiro, Víbora, Popolo e Compoñente Sur regaláronnos unha loita a morte durante as derradeiras xornadas. Compo e Popolo estiveron sempre nos postos de Top-10 pero Víbora e Punteiro apareceron dende o inferno da clasificación e chegar a estas posicións non é sinxelo, polo que merecen recoñecemento.
Rasdgar remata a súa primeira competición no 15º posto, feito a aplaudir. Moi constante e sen perdas reseñables pódese ver o potencial e agardamos velo nos Top-10 de competición nas seguintes citas.
Agardábase máis de Lume, sobre todo en vitorias, pero foi unha competición dura para ela tendo que vir dende abaixo da clasificación. Tamén de Michi, Modesto e Julio, que terán que esperar para ensinar o seu verdadeiro potencial. No medio, Magor tamén amosa calidade na súa competición inaugural. De tod@s el@s queremos máis no futuro.