Saúdos, meteoludópatas. Hoxe damos comezo á IX edición da Liga de Primaveira, desta vez na provincia canadiana de Ontario, a patria de Xowi. Da mesma maneira inicia o seu camiño a V OjeteQuake World Globe, a Liga dos Terremotos de eltiempoentuojete. 35 participantes foron os presentados na competición meteorolóxica e 32 na liga sísmica. Damos a benvida a tod@s á vosa casa de apostas pseudocientíficas.
As primeiras apostas do certame meteorolóxico en Ontario localízanse en Thunder Bay. No que atingue ás temperaturas máximas, atopamos valores entre os 2 e os 8º C. Polo lado das mínimas, oscilan entre os 0 e os -6º C. Ata 5 apostantes agardan chuvia, cun máximo de 3 litros. Os refachos de vento agrúpanse entre os 20 e os 56 km/h.
Detalles: A diferencia horaria con Ontario é de -6 horas con respecto a Galicia. A xornada comeza cara as 07:00 horas da nosa madrugada. As actualizacións da axencia canadiana son cada 60 minutos, na hora en punto. Semella que non amosa a cantidade de chuvia ao vivo, polo que teremos que coller o dato do histórico. O que sí amosa é o refacho máximo, que colleremos como válido se supera a do histórico, que se supón amosa a media de vento, non o refacho. Agardamos ter os resultados finais na hora de sempre, cara as 15 horas do luns.
Saudamos ós competidores da V OjeteQuake, que afrontan a primeira xornada concentrados na sua maioría no sudeste asiático, ainda que tamén atopamos marcas en outros lugares clásicos coma Irán, Xapón, o Pacífico Sur ou as costas de Perú e Chile. A Magnitude máxima apostada corresponde a Popolo, con 6.5 Mg. no Mar de Java, preto de Bali.