Sen auga na 2ª rolda

Desculpas polo retraso

Desputóse a 2ª rolda de competición na Ojete’s Cup 2022, na estación de Gonikoppal, no distrito de Kodagu, dentro da provincia de Karnataka. A chuvia foi noticia pola sua falta, o que fixo que os enfrontamentos foran moi parellos.

A temperatura máxima foi baixa respecto ás apostas marcando 26º C. Tamén a mínima foi baixa, acadando os 17º C. A chuvia estivo ausente e o refacho tamén quedou por baixo da media de predicción, sinalando un refacho máximo de 22 km/h no final do día.

A vitoria foi compartida por Landrán e Kaltxon, con 57 puntos. Landrán segue nunha liña imbatible e ademáis dobrou turno ó acadar a vitoria tamén na etapa sísmica. Noraboa a Kaltxón e dobre noraboa para Landrán.

Landrán batiu a Punteiro pola única diferenza do vento, no que Landrán sumou o máximo de puntos ó mallalo con autoridade. Segue a ser o rival a batir, cada vez con máis solvencia. Punteiro perde cunha gran actuación, 56 puntos e buscará o 4º posto no cadro de perdedores.

Mina e Xowi tiveron que chegar ata o desempate, no que o refacho de vento de Xowi foi mellor que o de Mina.

O enfrontamento entre Verducido e Beocha reducíuse a unha batalla pola auga. Beocha agardaba por un litro que non chegou e fixo avanzar a Verducido.

A auga xunto co vento foron os factores que decantaron a pelexa entre Modesto e Popolo, que foi o que mellores valores acadou neses parámetros.

Pola banda contraria, Botikas batiu con comodidade a Sarabia, mellorando en tódolos parámetros e acadando 56 puntos.

Lume tamén gañou a sua confrontación con Compoñente Sur á conta da pluviosidade e loitará pola final B.

Kaltxon tamén atinou na pluviosidade, factor determinante para a vitoria sobre Bar Pequeno. 57 puntos para compartir a vitoria con Landrán.

Marius rebatíu as boas apostas de Michi en temperatura con mellor acerto no vento e na auga e leva a vitoria para optar á final B do torneo.

Se queres acadar os datos recollidos nesta 2ª rolda da Ojete’s Cup 2022, pica no enlace embaixo este texto.

A OjeteQuake 2022 desputou a sua penúltima etapa cunha xornada onde se sucederon os sismos maiores a 5,5 Mg. O rexistrado nas Illas Kermadec foi o maior, cunha magnitude que inicialmente se presentou coma 6,8, posteriormente reducíuse ata os 6,4 e finalmente quedou confirmada unha magnitude de 6,6 Mg.

Landrán repetíu vitoria cun epicentro apostado ao norte de Fiji, cunha intensidade de 5,7 Mg. para unha puntuación final de 462 puntos. Na xeral segue lonxe da cacheira, no posto 27. Kaltxon ten a segunda mellor marca do día, cunha aposta nas Illas Salomón e un total de 442 puntos, o que lle fai coller o liderato da clasificación a falta de 2 xornadas. Un por baixo presentou Popolo, na mesma zona e 441 puntos finais. Julio, presente tamén nesa zona achegou 432 e ascende á 4ª praza da xeral. Iago, con 411 puntos navega pola 8ª praza da xeral.

A falta de 2 etapas atopamos ós 6 primeiros clasificados nunha marxe de apenas 100 puntos. O resultado final é incerto sen apostantes destacados, polo que o máis efectivo nestas 2 xornadas será o que teña as cartas para gañar o torneo.

Para acceder a toda a información recollida na 19ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón baixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *