Segunda xornada da Ojete’s Cup 2020 en Belice e a chuvia volta facer estragos ó non rexistrarse nen pinga de auga.
Compoñente Sur pasa a semifinais á conta da temperatura mínima e o refacho, ainda que Bar Pequeno tiña un punto a favor na auga.
Tamén pasa a semifinais Oscar, cos mesmos detalles que o enfrontamento anterior. A temperatura mínima afundiu a Michi.
Na outra semifinal atopamos a Jose Lopez, que eliminou a Beocha pola diferenza na chuvia.
O seu contrincante será Breogán77, que superou a Marius en tódolos parámetros menos no refacho de vento.
Pola banda B do Cadro, Botikas gañóulle a Alucarda á conta das temperaturas.
A diferenza da auga foi o detonante da derrota de Víbora ante Xowi, máis estable.
Julio acadou a máxima puntuación da xornada para superar a un penalizado Lukas.
Máis sinxelo foi o pase de Verducido ante un “non comparecente” Iago.
Polo tanto temos unhas semifinais compricadas de predicir, con contendentes pouco vistos nestas tesituras. Agás Oscar, campión deste torneo naos atrás, o resto son novatos nas semifinais da Ojete’s Cup. A batalla polo 5º posto tamén está moi parella, con afán de redención nos enfrontamentos.
Polo lado dos derrotados en 1ª rolda, as semifinais polo 9º posto semellan partidos polo título, a tenor dos ilustres nomes dos competidores. A loita por non perder tódolas eliminatorias tamén ten importancia, ninguén quere quedar o faroliño de cola.
Para comprobar os datos da 2ª rolda da Ojete’s Cup 2020 en Belice, pica no botón de embaixo. No Cadro de Competición verás o teu próximo contrincante.
Na OjeteQuake, Lume foi a única no ámbito do maior terremoto do domingo, situado no Arco Aleutiano, que vai dende a península de Kamchatka ata o Golfo de Alaska. A penalización por tempo do ex-líder Lukas, fai que apenas exista distancia significativa entre o Top-10. Quedan 2 xornadas moi emocionantes e onde calqueira pode gañar, pero somentes o fará un/ha del@s.
Podes revisar os datos da 8ª xornada da OjeteQuake 2020 facendo click no enlace seguinte.