Subestimada

Moitas veces dende eltiempoentuojete desprezamos, e incluso avergonzamos ás axencias meteorolóxicas profesionais. Hoxe debería de ser unha desas ocasións, pero de cando en vez miramos o noso embigo. E non podemos falar de ledicia polo traballo feito. A pesares de ser unha das estacións de Meteogalicia que máis chuvia recolle dende tempo atrás, a realidade sobrepasou á maioría de apostantes.

Cara as 05:00 horas da madrugada a estación Muralla xa recollera 40 litros de auga e e reportara un refacho de vento de 77 km/h. Fin da partida para moit@s meteoludópatas. O refacho non mudou, pero na cubeta da estación cairon 11 litros máis ata chegar ós 51 litros definitivos. Iso rematou cos derradeiros puntos que ainda quedaban na casiña da chuvia.

No tempo de facer as contas, somentes dous competidores acadaron algún puntiño pluviosidade. O gañador da etapa, Balboa, colleitou 9 puntos en auga, o que lle deu a vitoria cuns míseros 40 puntos. 3 puntos en auga colleitou Nanuq, pero quedou nuns 29 puntos escasos para un Top-5. O mellor sen puntos en auga foi Marius con 38 pts., que cubriu con creces o resto dos parámetros e chega na segunda praza da xornada. Con 37 atopamos a Botikas, Julio e Landrán, presuntos aspirantes ó título. Con 36 están Verducido, Beocha, Modesto e Oscar. Punteiro, Xowi e Mina, con 35, pechan os mellores da xornada. O pior da xornada, aparte dos penalizados, Kalandrakas con 22 pts. Breogán77 con 25. e Michi con 26 puntos.

Na clasificación xeral Verducido segue a liderar, con Botikas e Beocha a 1 e 2 pts. respetivamente. Julio acada o Top-5 xunto con Nanuq, pero cun burato de 16 pts. respecto ó Top-3. Punteiro chega ó 6º posto despois da debacle de Michi, que baixa ata a 6ª praza. Pouco por tras, Marius, Mina, Xowi e Balboa escadan posición cara o Top-10, do que caen Sarabia, Jose Lopez e Aki, ainda que están na fronteira. O resto, procesionarias con distintas puntuacións…

Se queres consultar os resultados do acontecido na xornada de Muralla, pica no botón embaixo estas liñas.

P. D. Semella que o do anticiclón ainda está por ver. Cousas do outono…

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *