A primeira xornada en Croacia deixa un sabor de boca amargo para moit@s dos participantes na X Liga de Primaveira no Adriático. Somentes media ducia de xogadores deron rañado puntos no parámetro de temperatura mínima. Non se recorda cousa igual nas competicións desputadas. Cunha media aproximada de 9/10º C. apostados, a realidade xeóulle o sangue á maioría cun resultado de -1º C. e preto de redondear a -2. As máximas estiveron no agardado, do mesmo xeito que o refacho de vento e a esperada falta de chuvia. Foi ese o parámetro que decidiu a xornada inaugural da competición.
Comezaba a xornada a 6º C., pero na madrugada acadóuse a xa comentada de -1º C. Cara o mediodía fixóuse a temperatura máxima nos 25º. De precipitación, nin pegada. Na sobremesa chegaba o refacho máximo do día, reflexado nos 24 km/h. rexistrados. Todo de acordo ó plan da maioría, non sendo esa temperatura mínima inesperada. Esta foi a razón pola que somentes 3 apostantes acadaran os 50 puntos no marcador final.
E a gloria nesta xornada de apertura foi para un xogador en soidade. Bar Pequeno quedou co trunfo, á conta da menor aposta en temperatura mínima. Apañou 6 puntos nese parámetro, que non son moitos nunha etapa normal, pero que en Brezovacko foron definitivos para levar a vitoria con 54 puntos. Mallou a temperatura máxima e perdeu 2 puntos no vento. De agasallo marcha co liderato da Liga e semella querer dar a sorpresa no Adriático. Parabens!!
53 puntos para Julio que despois de gañar na derradeira xornada da Inverneira semella que segue quente e busca despuntar. Levou 4 puntos na mínima, moito en comparación co resto e perdeu somentes un punto no vento. Gran xornada para el. Noraboa.
O que sempre está quente é Botikas, marcando a 3ª mellor puntuación en Croacia con 51 puntos. Puntuou na mínima e perdeu 2 puntos no vento e mantén unha liña comparable á da morte nos electrocardiogramas.
E ata 7 meteoludópatas quedaron a un punto dos 50 que marcaron os tres primeiros. Sarabia, Punteiro, o novato Pájaro, Mingos, Lukas, Compoñente Sur e Beocha lograron non arredarse moito da cacheira da clasificación xeral e agardarán mellor momento para asaltar o podio. Non estivo mal para o que puido ser, polo que tamén para eles a felicitación correspondente.
Estes foron os 10 mellores na xornada inaugural da X Liga de Primaveira, en Brezovacko. Para obter toda a información precisa sobre o acontecido en Croacia, pica no enlace que indicamos baixo estas letras.