A segunda rolda da Ojete’s Cup en Escocia 2021 lévanos ata o territorio do Mar do Norte, concretamente ata as Illas Shetland. Alí, en Gulberwick vaise dilucidar quen loitará polos mellores postos e que terá que loitar pola vergoña propia. Agardamos unha xornada semellante á da pasada semana, con chuvia e refachos de grao medio e unha temperatura fría para o mes no que nos atopamos.
Este é un pequeno resumo dos enfrontamentos da xornada.
Nanuq e Sarabia comparten temperatura. Ainda que algún punto se xoga no vento, a chuvia será factor determinante para a resolución deste combate.
Víbora e Xowi se atopan nunha situación similar, con temperaturas parellas, espazo medio no refacho e unhas apostas en mollado que poden decidir a competencia.
Oscar e Julio teñen tamén semellanzas na temperatura, pouco espazo no refacho e, de novo, a loita na pluviosidade pode decidir este enfrontamento.
Jose Lopez e Lukas teñen o coeficiente conxunto de vento máis alto desta segunda rolda. As diferenzas na temperatura e a cantidade de auga serán decisivas.
Na parte oscura do cadro, Michi e Zalamera teñen a eliminatoria máis seca desta rolda. Vento similar e temperaturas que poden decantar este emparellamento.
Entre Ocandepavlov e Kaltxon a auga non será decisiva ó cen por cento, dadas as diferenzas na temperatura máxima e no refacho de vento.
Aki e Botikas buscan a mellora a través de pequenas diferenzas en tódolos parámetros. Quizáis por iso semella tan igualada.
Tamén Breogán77 e Beocha, con apostas semellantes en tódolos campos, van ter que agardar ata o derradeiro momento para dirimir as desavenecias meteorolóxicas.
Apostas moi diferentes para a mesma localización e tempo, que promete emoción dende o primeiro momento. A etapa comezará cara as 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.
Polo que atingue á OjeteQuake 2021. A maioría das apostas están concentradas no rango habitual, entre Xapón e as Illas Fiji. Fora da cadencia normal atopamos apostas en China, Myanmar, o Golfo de Bengala, tres apostas na costa pacífica de Sudamérica, un par nas Illas Sandwich e incluso unha aposta en Galicia. E coidado, ten unha magnitude de 6.0 e foi feita pola participante con máis vitorias na Liga dos Terremotos.
Esta xornada ven condicionada por unha semana onde se rexistraron tres sismos de máis de 7 na escala de magnitude. Dous deles nas Illas Sandwich e outro en Filipinas. O outro detalle foi o sismo rexistrado en Granada cunha magnitude de 4.6.
- Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com
Esta xornada, antepenúltima da OjeteQuake 2021 comeza ás 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.