Troco de estación

aviso de troco

Dende eltiempoentuojete comunicamos o troco de estación meteorolóxica na xornada 17 da Liga da Inverneira.

A estación de Cabeza de Manzaneda ten o anemómetro xeado dende mediados de decembro. Coma outros anos nesta época. Estamos a pensar en facer un “bote” para anexar un calefactor ó anemómetro, porque seica a estación non está preparada para un tempo tan frío. E semella que imos ter problemas ata que troquen a estación de xoguete que teñen en Manzaneda por unha profesional que resista o clima dunha estación de esquí.

Tentamos engadir unha estación meteorolóxica na contorna de Manzaneda, pero despois dunha revisión, semella que todas as estacións de Meteogalicia no oriente ourensán teñen problemas co anemómetro ou incluso con todos os aparellos. Probamos entón no interior da provincia de Lugo, pero os problemas repetíanse.

O final, despois de escoitar o nome case a diario no Galicia Noticias, optamos por escoller a estación de Calvos, en Calvos de Randín. Sónavos? Adoita ter a temperatura mínima menor en toda Galicia. Incluso recomendóuse coma lugar estratéxico para o almacenamento da vacuna para o COVID-19.

Xa podes atopar a xornada nos enlaces do menú e estamos traballando para que tamén podas acceder dende o Calendario. Se notas que algún enlace ainda apunta a Cabeza de Manzaneda, non dubides en facérnolo saber no noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Sentimos moito o retraso, pero as suplentes que gardabamos foron caindo na rede da friaxe extrema e tivemos que loitar para atopar unha estación en condicións de xogo. Así mesmo, non podemos saber se a estación de Calvos vaise estragar nos próximos días. Nese caso debemos clarificar este tema no Regulamento.

Repetimos as desculpas e ameazamos con represalias varias a Meteogalicia por non manter os aparellos no estado que deberían. Eiquí deixamos o enlace a Calvos.

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *