Grande a xornada desputada este domingo na estación dos Ancares, con gañador en soidade a máis de 1300 m. de altitude.
O anticiclón agardado fíxose de rogar e non tomou posesión ata despóis de xantar. Mentras, os cúmulos rezagados de Filomena deixaban máis de litro e medio de precipitación, redondeando a 2 litros ó final do día. A temperatura mínima comezou a xornada con -4º C. e chegou a baixar ata os -5 xa na tardiña. A máxima presentóuse ás 14:20 h., chegando a uns -2º C. lambidos. O refacho máximo de vento rexistróse de madrugada acadando os 90 km/h., ainda que apenas baixou dos 50 antes do remate da etapa.
Moit@s líderes temporais deixaron paso á tiranía de Julio, que ainda que compartíu vitoria en varias ocasións, a baixada final das temperaturas apartou contrincantes e fixo cumio en soidade con 56 pts. Segunda vitoria nesta edición da Liga da Inverneira, asentando o cuarto posto e limando diferenzas cos inquilin@s do podio. Noraboa!!
Con 55 pts. entrou Beocha, que perde somentes un punto con Julio e mantén a terceira praza, roubando un punto ós escapados. O novato Modesto segue a sua progresión e supera a Marius e Balboa e, na practica, a Xowi por cantidade de vitorias. Chega o 6º lugar e xa ameaza a Punteiro no 5º.
54 puntos acadaron os dous primeiros provisionais, Botikas e Verducido. Seguen a marcha sen complicación e, de momento, somentes miran o un para o outro. Víbora, coa mesma puntuación, acertou cando predicíu maior refacho dos apostados. Empata con Michi ás portas do Top-10. Nanuq quebra una racha pouco afortunada e sitúase no grupo que persigue os postos de honra.
Con 53 puntos está Punteiro, mantendo a 5ª praza e Mina, que acada a 10ª. Aki colócase no posto 15.
Destacan nesta xornada o gañador, Julio e o novato Modesto, sangue nova despuntando nos altares da competición. O trio de cabeza non baixa a garda e mantén altas puntuacións. Duas vacas sagradas, Mina e Víbora asoman a cacheira ó Top-10.
Defraudan nesta etapa Landrán e Michi, expulsados dos dez mellores. Dentro do Top-10, Xowi, Balboa e Marius perden unha grande oportunidade e algunha posición, ainda que seguen ben situados. Labazada nos fuciños para tod@s aquel@s que pronosticaron menos de 60 km/h. de refacho de vento. Xa vos vexo, sendeiristas inexpertos na ventisca de Ancares. Carne para o lobo…
Se queres profundizar no acontecido na 16ª xornada da VII Liga da Inverneira, no concello de Cervantes, pica no botón embaixo estas liñas.