Semella que nesta ocasión, en Ancares a chuvia non será o parámetro a vixiar. O anticiclón que domina o panorama deixará profundas xeadas en todo o país, sobre todo nas cotas altas. E agardamos vento do nordés… As temperaturas e o refacho de vento poden decidir o gañador/a no concello de Cervantes.
As temperaturas máximas amosan grande amplitude térmica. As apostas van dende os -4 ata os 5º C. As mínimas, máis pechadas, fluctúan entre os -2 ata os -7ºC. A maioría das apostas en chuvia están baleiras, agás duas apostas de 1 litro e un mesías que que profetiza 9 litros. Boa nevada… As apostas en refacho de vento son do máis caóticas, con valores entre os 19 e os 93 km/h.
Con estes datos agárdanos unha emocionante xornada onde calqueira cousa pode pasar, tendo en conta á época do ano, o clima presente e unha estación de alta montaña. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada de hoxe.