Xa temos os resultados da 1ª etapa da XI Liga da Inverneira e podemos dicir que, en xeral, ´son de un nivel moi alto. Grandes prestacións da gran maioría dos participantes, con poucos marcadores por baixo dos 50 puntos, o que, sendo unha xornada de chuvia e vento medios fan que agardemos gran competitividade nesta edición da liga galega.
A temperatura mínima fixóuse cedo con 14º C. o comezo da xornada. Cara a hora do café marcábase a máxima do día con 18º C. Nesa franxa horaria acadábase o refacho máximo definitivo con 38 km/h. Agardabase chuvia pero fíxose de rogar ata as derradeiras duas horas de competición. A piolla fóise acumulando no pluviómetro ata amosar no punto final os 3.5 litros, 3 redondeados, co que xa tiñamos tódolos datos precisos para unha távoa de resultados definitiva.
E alí atopamos un trío de ases. Por unha banda temos a duas vacas sagradas, Verducido e Mina, que xuntos achéganse ás 100 vitorias conxuntamente e a unha das grandes esperanzas da competición, Rasdgar, que anota a súa primeira vitoria (corrixídeme se me equivoco) e colle por vez primeira o liderato dunha xeral. Os tres mallaron a chuvia, andiveron finos no vento e nas temperaturas para sumar 58 puntazos e colocarse coma líderes. Grande exhibición, meteoludópatas!!
Ata 5 competidores levaron a segunda mellor puntuación da xornada con 57 puntos. 3 experimentadas vacas sagradas, Botikas, Víbora e Xowi acompañados por dúas promesas, o máis novo Pájaro e o gañador do Torneo de Vran, Bar Pequeno. Todos con gran acerto, ainda que dicir que de axustar máis o refacho de vento, Pájaro poido dar a sorpresa. De calqueira maneira, 2º posto na etapa e na xeral e, sobre todo, boas expectativas de futuro.
E con 56 puntos, xente que somentes lle falta culminar e gañar unha das 4 grandes competicións. Sarabia, Beocha, Landrán e Marius posiciónanse para atacar á cacheira da xeral con moi boas sensacións nesta xornada inaugural.
Como dixemos ó comezo, semella que vai ser unha liga moi axustada, cos grandes históricos, os mediocres xa crecidos e as novas incorporacións dando o mellor de sí mesmos na busca da inmortalidade do Olimpo meteorolóxico amateur en eltiempoentuojete.
Para acadar tódolos detalles da 1ª etapa en Corrubedo, pica no enlace que ofertamos embaixo este texto.