Un mosteiro baixo a chuvia

Primeira xornada húmida nesta X Liga da Inverneira e este honor destinóuse ó concello de Meis e á sua estación meteorolóxica de A Armenteira. O frente que viña do norte virou a sur pola mañanciña e deixou temperaturas mornas durante o día, chuvia tipo piolla da que molla e un vento suave pero que tivo un refacho puntual superior o que estaba a acontecer. A temperatura, con 17º C. de máxima e 14º C. de mínima xa non se moveu despois do mediodía, igual que o vento, que acadou os 34 km/h., pero a chuvia foise acumulando no pluviómetro e medrou ata os derradeiros minutos da competición. A marca final quedou en 12 litros, na línea da media das apostas dos meteoludópatas.

Nesta voráxine de datos surdíu Xowi, despois de moitos trocos na cacheira da clasificación da xornada, con variedade de líderes e modificacións tamén na Clasificación Xeral. O derradeiro litro de chuvia, consignado no último suspiro de tempo agasallou ó canadiano coa vitoria en soidade con 57 puntos. Coma resultado entra no Top-10 da Xeral, onde comeza a chegar a vella garda de eltiempoentuojete. Noraboa pola exhibición.

Un punto por tras aparecen Lukas e Mutombo con 56 puntos. Tivo durante un tempo a vitoria Mutombo, pero o derradeiro litro deixóuno no segundo chanzo. Lukas chega a ese mesmo chanzo no final da etapa. Os dous sitúanse no Top-10, preparados para dar o salto o liderato.

55 puntos suma Kaltxon, que agardaba un pouco máis de auga e de vento. Na xeral ocupa espazo con Mutombo, no Top-5, ou sexa, entre os mellores ata o de agora.

Con 54 puntos atopamos a un grupo con Modesto, Popolo, Compoñente Sur, Michi e Botikas. A tiro de pedra do líder, Compoñente Sur e Popolo, segundo e terceiro respectivamente. Michi e Botikas, nas portas do Top-10 e Modesto asomando a cachola a 19 puntos do liderato.

Marius achega 53 puntos no marcador, pechando o grupo dos 10 mellores en A Armenteira e tamén tenta abrir a porta de acceso o Top-10 da Clasificación Xeral.

Se queres seguir indagando nos datos extraidos da 4ª xornada da Liga da Inverneira, no concello de Meis, pica no enlace embaixo estas letras.

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *