Un vento enguedellado

Terceira etapa, desta vez na vertente atlántica do país, cunha estación que fixo honra á súa fama e xogou co vento ata o derradeiro minuto do domingo, facendo subir e baixar a uns e outros na clasificación xeral e que escolleu pola súa conta os gañadores finais do día. Con todo dito dende a tardiña, foi este o único parámetro que se moveu, dando alegría e desgustos a partes iguais. Isto foi Castro Vicaludo.

A temperatura mínima acadou na madrugada os 9º C., cativa para estar ó carón do mar. Na sobremesa acadóuse a máxima diaria con 19º C. A presencia da chuvia estaba cantado que sería inexistente, como así foi. O vento marcou un refacho máximo de consideración na noitiña con 48 km/h.

Deste xeito o premio estivo repartido entre 4 vencedores ó unísono con 57 puntazos noutra exhibición xeral de acerto coletivo. Kaltxon, Modesto, Rasta e Julio chantaron súas prediccións no máis alto da xornada, con apostas moi axeitadas que os fan ascender na táboa xeral de clasificación. Kaltxon colócase 2º detrás do lider a somentes 1 punto. Modesto queda 3º, a só 2 puntos do liderato. Rasta sobe ata o 8º lugar cunha perda de 7 puntos coa cacheira, mentres Julio vai recuperando os puntos perdidos da penalización do primeiro día e xa está situado na praza 16 a 12 puntos do líder.

Coa 2ª mellor puntuación da xornada, 56 puntos, atopamos a Rasdgar, Breogán77 e Víbora, que cumpriron ben en tódolos parámetros, só un pouco por baixo dos mellores. Rasdgar está no posto 18 recuperándose do fiasco da 2ª etapa. Breogán77 vai para a posición 13, a dous puntos do Top-10. Víbora, cun fiasco semellante ó de Rasdgar sitúase na entrada do Top-20 e deberá de remar.

Outr@s 4 competidores suman a terceira mellor marca en Oia con 55 puntos. A todavía dona do trofeo, Magor, xa está nas portas do Top-10. Botikas sumou o suficiente para manterse no máis alto da xeral. A debutante Cris, se non fora pola aposta en chuvia sería a gañadora da xornada. Comparte posición con Víbora ás portas do Top-20. Beocha tamén mantén a súa intensidade e con só 3 puntos de perda co líder empata na 4ª praza con Verducido.

Estes foron os 11 mellores competidores nesta etapa de Castro Vicaludo. Para acadar tódolos datos recollidos na terceira etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *