O anticiclón semella que vai ser o protagonista da 13ª xornada da Liga da Inverneira. Ceos despexados e vento moi morno, que tamén redunda en xiadas no abrente do día e quizais algo de néboa será o cariz desta etapa. Pero claro, as neboas non semella que nos vaian a influir porque esas nubes baixas predominan nas vagoadas, non nas zonas altas coma Ventosa.
Polo que respecta ás apostas notamos moitas ausencias. Contentos estarán os da zona media e baixa de poder subir posicións á conta do absentismo recurrente. Pero como o que nos importa son os que están e non os que son, imos achegar un pouco de luz sobre as prediccións.
As temperaturas máximas oscilan entre os 7 e os 14º C. As temperaturas mínimas van dende os -2 ata os 7º C. As casiñas da cantidade de chuvia están todas baleiras. Polo que respecta ós refachos de vento, os valores establécense entre os 7 e os 45 km/h.
E con menos apostantes, máis posibilidades de vitoria para os presentes. Se estás entre eles non deixes de seguir a etapa ao vivo dende este enlace, ou no que ofertamos no menú de Acceso rápido a partires das 01:30 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo en seguimento continuo ata o final da xornada. Temos que buscar unha alegría!!
As apostas:
P. D. Non fagades caso do nome da etapa na foto das apostas. Esqueceume cambialo, pero os datos son os corretos.