Segunda xornada da IX Liga de Primaveira en Ontario e o alto acerto predictivo d@s participantes. Somentes quen tiña penalización baixou dos 50 puntos. A temperatura mínima quedou en 0º C., moi estable durante a madrugada. O termómetro elevou a máxima ata os 8º C. acadados na sobremesa. Carencia de precipitacións e un refacho que a axencia canadiana retocou nos rexistros históricos ata os 55 km/h.
Poderían ser os 3 tenores, pero os 7 gañadores semella máis un orfeón. 58 puntos achegaron ó seu marcador Nanuq, Balboa, Breogán77, Julio, Botikas, Oscar e Verducido. Grande calidade de apostas nas temperaturas, un pouco menos en xeral para o vento.
Con 57 puntos atopamos a Aki, Sarabia e Xowi, que xogando na casa víuse superado por moit@s aspirantes ó título en Canadá.
Estes son as 10 mellores puntuacións da xornada. Para acceder a tódolos datos recabados nesta etapa en Toronto, pica no enlace que ofertamos embaixo.
A xeral segue comandada por Verducido, con duas vitorias nas etapas desputadas. Oscar ten un punto menos e unha vitoria. Botikas e Julio comparten o terceiro chanzo do podio a dous puntos do líder e unha vitoria por cachola. Sarabia e Beocha marchan a tres puntos da cacheira da xeral. Breogán77 perde un punto máis, na sétima praza. E ata 6 competidores batallan polo Top-10 empatados a 112 puntos. Víbora, Kaltxon, Compoñente Sur, Xowi, Rasta76 e Balboa estarán en loita nas próximas xornadas.
En poucas ocasións temos que felicitar por partida doble a un gañador nas dúas competicións en xogo. Esta semana, un dos vencedores na liga meteorolóxica copou tamén a mellor aposta na liga dos terremotos. Nanuq estivo preto do pleno acertando a localización do maior terremoto no domingo. Con 496 puntos, somentes 2 puntos na escala de Magnitude o apartaron de facer historia na sua primeira vitoria na competición sísmica. Entra no Top-10 da xeral coma un hipopótamo na bañeira da túa casa.
Na illa do lado estaba ubicado Botikas, preto tamén de facer doblete. 494 puntos, dous por baixo do vencedor. Ascende moderadamente na xeral. E nun arquipélago cercano a Vanuatu atopamos a Kaltxon, con 488 puntos. Colle o mando da clasificación xeral con altas puntuacións. Belenchis, Budainca e Julio seguen de preto ó líder provisional.
Se queres saber máis do acontecido na 2ª xornada da Liga dos Terremotos, pica no enlace embaixo estas letras.