Acostumad@s a xogar en pequenas poboacións, Toronto pode ser unha das cidades máis desenroladas nas que realizamos unha etapa de eltiempoentuojete. E temos a Xowi, un dos xogadores máis estables e destacados, desprazado na sua cidade natal para a celebración da segunda xornada da IX Liga de Primaveira. A foto que ilustra este post e desta mesma semana, á sua chegada a Toronto. Tentará ser profeta na sua terra, pero conta cunha banda meteoludópata na procura dunha vitoria no continente norteamericano.
Semella outra etapa con tempo seco, ainda que a vitoria pode caer en calqueira participante. As apostas en temperatura máxima van dende os 7 ata os 10º C., cunha aposta soicida de 21º C. As apostas para as mínimas oscilan entre 1 e -3º C. Somentes atopamos 2 apostas con chuvia, unha coa mínima e outra con 7 litros (¿?). As apostas en refacho de vento atópanse entre os 32 e os 53 km/h., cunha aposta á baixa de 14 km/h.
Moita proximidade entre apostas asegura unha xornada vibrante dende o primeiro minuto ata o derradeiro. Se non queres perdela, podes acceder á xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 06:00 horas desta mesma madrugada.
A OjeteQuake tamén compite na sua segunda etapa. Grande acumulación de envites na parte oriental de Asia, ainda que tamén en China, Myanmar e India. Outras apostas van cara o continente americano, en Chile, Perú e no Caribe, ademáis de duas apostas ao sureste de Arxentina, na zona das Illas Sandwich do Sul. A magnitude máxima apostada é de 6.0 Mg. para a costa de Tokio.
Esta xornada tamén é retransmitida ao vivo dende este enlace a partires das 01:00 horas desta mesma noite.