A 4ª etapa da XII Liga da Inverneira localízase ó carón do mosteiro de A Armenteira, no concello de Meis. Semella que o seu desenrolo vai estar marcado polo influxo do anticiclón, que seica lle colleu cariño á vertente noroeste española e deixa as precipitacións e as borrascas para o levante e o sur. Pouco movemento agardado para a clasificación xeral, pero ese puntiño de máis ou de menos pódese botar en falta cando a chuvia faga a súa aparición. Iso, máis a vitoria de etapa é o que está en xogo este domingo de outubro.
As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 22 ata os 26º C., cunha aposta á baixa de 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 8 e os 16º C., estas sí con grandes oscilacións. As precipitacións están carentes de cantidades por unanimidade á seca. Mentras. os refachos de vento van dende os 3 ata os 45 km/h., sendo un parámetro aberto ó máximo.
Coma sempre será compricado de predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:


P. D. Retocóuse a aposta de Mingos a petición do interesado ó producirse un erro típico da xente con dedos grandes e o considerarse lóxica esta petición. De 33º trocóuse ós 23º actuais. O dito, lóxico. Revisa a túa aposta despois das 02:00 horas do sábado e avísanos antes das 18:00 horas dese mesmo sábado. Ollo, errores lóxicos. Non trocaremos de 22º a 25º, por poñer un exemplo. O equipo técnico da web examinará o caso e pronunciarase no menor tempo posible.