2ª rolda cara o norte

A 2ª rolda da Ojete’s Cup diríxese ó norte, seguindo a costa occidental e os Western Ghats no suroeste da India. Semella que o monzón debilítase conforme entramos en agosto, pero non se pode perder detalle do que está acontecendo. Polo lado verde do Cadro de Competición, oito participantes buscarán as semifinais do torneo. Polo lado vermello outr@s 8 meteoludópatas tratarán de acadar as semifinais da final B.

Cadro de Competición:

Cadro do Torneo. 2ª rolda

Enfrontamentos:

Na procura do trofeo

A experiencia de Punteiro supera con moito á de Landrán, pero éste ven de gañar o Torneo de Vran, tamén na India e superou a primeira rolda con vitoria e semella no mellor momento da tempada. Pero Punteiro é imprevisible…

Dous asíduos da competición un-contra-un buscan a semifinal con valores moi similares. Maior experiencia para Xowi, pero con mellor estadística en vitorias para Mina.

Tamén grandes coñecedores do torneo son Verducido e Beocha, con varios podios no lombo. Verducido xa gañou esta competición, pero Beocha presenta mellor acerto en pluviosidade, factor fundamental na India.

A pouca estadística rexistrada por Modesto contrasta cos malos resultados de Popolo. Moita incertidume nunha batalla que podemos calificar de “histórica”.

Na procura da final B

No lado vermello do cadro atopamos a Sarabia e Botikas. Os datos favorecen a Botikas, excepto o acerto xeral e a chuvia, que promete esperanza a Sarabia.

Cunha experiencia similar, as estadísticas sinalan a Compoñente Sur un pouco por riba no enfrontamento, con máis vitorias e mellor acerto. Lume tentará dar unha semi-sorpresa.

Tamén moi similares en case tódolos parámetros están Bar Pequeno e Kaltxon. O acerto en pluviosidade é o mesmo. A posibilidade de ascender cara a final B tamén é semellante.

Marius e Michi enfróntanse na loita pola final B, na que Michi é un auténtico especialista. Pero as estadísticas de acerto non din o mesmo, sendo favorables a Marius, sobre todo na pluviosidade.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *