4ª xornada

cartel viii torneo de vran 2021 alaska thumb

Ketchikan

Entorno

Ketchikan é o lugar escollido para a celebración da penúltima xornada do Torneo de Vran en Alaska. Está situada na Illa Revillagigedo, chamada así polo capitán George Vancouver en 1973. Pouco queda para saber se estás entre os 16 mellores da competición.

Ketchikan ten a maior colección de totems verticais a nivel mundial. Producidos polos nativos Tlingit, existen ata 4 centros principais, con exemplares do século XIX e anteriores. O nome nativo do río foi o que lle deu á cidade o nome de Ketchikan. Fora un campamento de pesca Tlingit durante séculos.

Ketchikan fundóuse coa perspectiva do negocio das conserveiras. O Clarks & Martin estableceu unha planta de salazón e unha tenda. Martin fundou a cidade en 1885 e a día de hoxe a conserveira segue a ser economía principal, xunto co porto de cruceiros con máis de 400 atraques anuais.

Localización

Datos da estación

A Estación Ketchikan Airport está ubicada a 55,34º de latitude e -131,66º de lonxitude e a unha altitude de 5 metros. Situada, daquela, no borough de Ketchikan Gateway, estado de Alaska.
 

Esta xornada vaise desputar o Domingo 25 de Abril. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 23 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa