Chegamos ás derradeiras tres xornadas da VII Liga da Inverneira e de primeiro plato temos Xinzo. Despois de deixar seco o marcador de Fornelos e Fontecada, ambas de perfil húmido, en Xinzo imos ter o clima que se agarda dunha xornada da comarca da Limia. Semella que o día será solleiro, pero ese dato abre a posibilidade de formación de xeada e incluso a néboa tan típica no sur da provincia de Ourense. E, coas apostas recibidas predicimos unha xornada moi competida e con posibilidade real de pleno.
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 11 e os 15º C. Os valores recibidos en temperatura mínima van dende -1 ata os 4º C. Gran maioría de apostas en seco, con 4 apostantes que achegan 1 litro no marcador. Os refachos de vento, establecidos entre os 16 e os 39 km/h., con duas apostas por baixo dos 12 km/h. Isto apunta a marcadores moi parellos e alta competencia para a vitoria, amáis das pequenas diferencias a xeral entre moit@s competidores, poden facer de Xinzo un paraiso para algúns, mentras outros quizais coñezan o inferno. E aliñado por marcadores que prometen non amosar diferencias salentábeis nin definitivas, pero sí preparar o terreo nas derradeiras duas citas.
Esta xornada podes seguila ao vivo dende este enlace, a partir das 01:30 horas desta mesma madrugada.