Pouca actividade sísmica intensa rexistróuse o domingo, con variados movimentos sísmicos a pequena escala, pero cun terremoto máximo de 5,4 Mg. con epicentro no surleste de Filipinas. O que podemos chamar un resultado “standard” no que ás apostas se refire. Moit@s apostantes nos arredores o que posibilitou que unha vintena de xogadores foran quen de acadar os 400 puntos.
A vitoria caeu do lado de Budainca, cunha grande localización do obxetivo e un notable na forza do tremor. Somentes perdeu 13 puntos dos 500 posibles. 5 nas coordenadas e 8 na magnitude. Noraboa!!. Con esta vitoria pasa a liderar a clasificación de vitoria sísmicas, con 6, todas elas en soidade.
A xeral segue a ser comandada por Víbora, con algo máis de medio cento de puntos sobre Breogán77. O terceiro do podio esta semana é Rasta76, que relegou a Jose Lopez ata a 5ª posición, por tras de Mina. Estes tres apostantes forman un grupo con somentes 4 puntos entre eles. Balboa, 6º e Xowi, 7º acadan puntuacións por riba dos 450 puntos e manteñen diferencias. Tamén obteñen marcas de alto nivel Lukas, Popolo e Iru que, neste orde, pechan o Top-10 sísmico nesta 12ª etapa. Están separados por 7 puntiños de nada, tendo en conta que dende o 10º posto ata o líder os separan menos de 150 puntos. A gañadora da xornada, Budainca, sitúase no 12º lugar. Pero ainda falta moito camiño, tanto para andar coma para desandar.
Se queres analizar os datos recollidos na 12ª etapa da OjeteQuake 2021, preme no botón embaixo exposto.
E por fin esta semana volve desputarse a competición meteorolóxica. Nesta ocasión, o Torneo de Vran en Alaska. Xa podes atopar toda a información necesaria nos menús e nos enlaces correspondentes. Agardamos que comeces con bo pé na primeira, e o primeiro paso é non deixar atrás 10 puntos por unha penalización. O venres recibirás unha menxase de aviso entre as 19 e as 22 horas, pero mellor pon o despertador….