Fortes fortuna adiuvat

Como dicían os romanos, a fortuna favorece ós valentes. E iso foi o que sucedeu en Fornelos. Non fallou á sua cita coa chuvia, marcando 38 litros de chuvia na cubeta. A xornada comezou marcando unha mínima de 5º C. Cara as 07:00 horas subía a temperatura coincidindo coas primeiras pingas de chuvia. Foi acumulando líquido paseniñamente ata as 11:00 horas, cando se desataron as nubes e as cantidades non baixaban do medio litro cada 10 minutos. Relaxóuse o clima cara as 17:00 horas, cando xa se recolleran 33 litros. Nese tempo tamén se acadou a temperatura máxima, quedando nos 8º C., ainda que moi preto do redondeo cara enriba. O punto álxido do vento tamén se rexistrou nese tramo de tempo, chegando ata os 74 km/h. Pero ainda habería máis leria. ás 21:00 horas unha baixada drástica da temperatura facía descender a mínima ata os 3º C. que xa foron definitivos, coma os 38 litros rexistrados no remate do tempo de xogo.

Como reza o título, foron os máis valentes os que acadaron os mellores resultados en Fornelos. Mención especial a quen xogou á baixa na pluviosidade, tamén valentes pero sen sorte nesta ocasión. Voltamos a ver a Juanito Caminante coma mellor apostante en líquido, ainda que o resto de parámetros quedaron por baixo da media dos mellores. Os catro gañadores compartían apostas en chuvia por riba dos 30 litros. Verducido, Julio, Nanuq e Iago chegaron ata os 50 puntos, baixa puntuación por mor das temperaturas e a chuvia, pero con alto rendimento no refacho de vento. Os tres primeiros están enleados na loita polo título, entre os 10 mellores. Iago non perde ocasión de sair na foto cos grandes desta edición. Para todos é a primeira vitoria en Fornelos, onde nunca antes tanta xente gañara. Noraboa a todos eles.

48 puntos obtivo Breogán77 para entrar no Top-20. Gran aposta en vento e temperatura, sumado os 30 litros apostados para unha gran xornada para él.

Lume e Rasta76 acadan 46 puntos en Fornelos. Achéganse ata as portas do Top-20.

45 puntos para Beocha, Botikas, Juanito Caminante e Aki, tamén na loita polo título, entre os 8 primeiros, que se alonxan 10 puntos dos persecutores. Nesta foto tamén asoma a cacheira Budainca dende o posto 30.

Verducido conserva o liderato e acada unha distancia de 6 puntos sobre Beocha na segunda praza. Mantén 8 puntos coa terceira praza, asaltada en Fornelos por Julio despois de sobrepasar a Botikas, na 4º praza e a Xowi, cun rendimento baixo nas derradeiras etapas. Julio xa metía medo antes, pero agora ameaza cunha xeira de boas xornadas que trae dende o mes de xaneiro, onde foi o mellor xogador. Nanuq atemoriza a 5ª praza de Xowi despois de superar a Juanito Caminante, que ainda conserva o Top-10. Ademáis ten unha distancia de 6 puntos sobre Aki, que entra no Top-10 na 8ª praza, que a ´sua vez ten 10 puntos de marxe sobre Popolo e Marius, que pechan ós dez destacados nesta edición da Liga da Inverneira. Mención especial merece Sarabia, que con 26 puntos esvaécese dos posto de honra e remata a xornada no posto 16. Ainda quedan 5 xornadas para mellorar dando o máximo do pensamento predictivo amateur.

Para estudiar os datos recabados en Fornelos, pica no enlace que amosamos embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *